UDI 6. "Atas atas amimmi"
A canción
Aquí tes a letra (en árabe e en galego) e máis abaixo aparece o audio para que poidas practicar: a voz e o acompañamento.
Ánimo!
Voz e acompañamento:
A música en Arxelia
"Atas amimmi" é un canto de berce de orixe alxerino. A súa función, como xa falamos na canción de Polonia, é arrolar os bebés para que durman.
A música alxerina, a pesar de estar no continente africano, é de raíz árabe, emparentada coa música que xurdiu no Al-Andalus (sur de España) e noutros países do norte de África, como Marrocos ou Túnez.
A música tradicional alxerina chámase Chaabi. As cancións tradicionais non tratan sobre temas históricos ou sociais como noutros países de África; soen falar de temas persoais como o amor ou a pérdida.
Hoxe en día é máis habitual un xénero co que se identifica á música alxerina: o rai, quedando só o Chaabi para ocasións como as vodas.
O rai xorde como un movemento musical popular dirixido aos mozos e mozas. A palabra significa "manifestar unha opinión".
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0