Instrumentos
Os instrumentos tradicionais de Alxeria
Na música alxerina, moitas veces úsanse instrumentos doutros países árabes como Marrocos, pero agora imos coñecer os propios do país:
Ghaita: aerófono de dobre lingüeta, común na música árabe pero con distintos nomes.
Bendir: é unha especie de pandeiro de 40cm de diámetro, moi parecido ao galego, pero máis grande e máis profundo. Pola parte interior leva unhas cordas cruzadas que ao vibrar danlle resonancio ao instrumento. Tócase do mesmo xeito e é común en toda a música do Norte de África.
Darbuka: membranófono con forma de cáliz ou reloxo de area, cun parche que soe ser de pel de cordeiro. Probablemente o seu nome proveña da palabra árabe "Darba", que significa golpear. É un instrumento moi antigo, do que se ten constancia dende o ano 1100 a.C. Tócase no xeito tradicional, agarrándoa cunha man debaixo do brazo e coa outra golpeando. Hoxe en día é un instrumento que ten moita importancia e está ligado á música árabe en xeral.
Oud: cordófono pulsado formado por un corpo en forma de pera e un mastro sen trastes, que se curva ao final (laúde árabe). Sempre aparecen no corpo 3 rosetóns. Nun principio tiña 4 cordas (polos 4 puntos cardinais) pero acabou engadíndose unha corda máis. Agora hai diversos tipos con distintos números de cordas.
Rabab: cordófono fretado semellante ao rabel. A súa caixa de resonancia está cuberta, en parte por unha pel e o demais é de madeira. Só ten 2 cordas. Colócase sobre a perna para tocar, e ao pulsar as cordas non se toca a caixa de resonancia (non ten mastro, todo é caixa). Ademais ten un arco corto para tocalo.
Qanun: cordófono pulsado cunha caixa de resonancia plana e con forma trapezoidal. Ten entre 72 e 78 cordas, segundo a zona, e están agrupadas de tres en tres e afinadas ao unísono. Tócase sobre as pernas con dous plectros que se poñen nos dedos índices de cada man. Coñecémolo polo nome de salterio.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0