Saltar navegación

Linguaxe Musical

A partitura

Unha vez que xa a sabemos, imos traballar un pouco coa partitura.

O cambio de compás

Os compases que empregamos nesta canción son o 4/4 e o 3/4 como podedes ver na partitura.


Repasamos:


        O 4/4 está formado por 4 negras por compás.


O 3/4 ten 3 negras por cada compás    .


Para cambiar dun compás a outro, non se fai cambio de tempo; mantense o pulso, pero en lugar de ter 4 pulsos pasamos a ter 3. En música, este cambio de compás recibe o nome de equivalencia pulso=pulso. 

Os signos da partitura

Aparecen na partitura signos que todavía non coñecemos.

O primeiro que aparece é este:   


Recibe o nome de calderón e indícanos que temos que alargar a duración da nota sobre a que vai colocado.


Sempre vai colocado por enriba ou por debaixo da nota ou silencio.



Outro signo é : ,  que vai relacionda con  D.S.


Estes indícannos que hai que repetir a canción dende o D.S. (dende o segno) ata o ,  mantendo as outras repeticións que nos veñen indicadas pola dobre barra con puntos .

O tempo e o matiz

Nesta partitura aparecen indicacións de tempo e matiz, que xa coñecemos.


Imos repasalas:


 e : son indicacións de tempo que nos marcan a velocidade da peza: lenta e un pouco máis áxil, respectivamente.


: é un regulador, que nos indica que esas notas teñen que ir diminuíndo de intensidade, de máis forte a máis suave.


: esta é unha abreviatura da palabra italiana ritardando, que significa, retrasando lixeiramente a velocidade no final da peza.

A semicorchea

Por primeira vez neste curso, atopámonos cunha canción con semicorcheas. 


Como xa sabemos unha semicorchea é a dezaseisava parte dunha redonda, é dicir, que nunha redonda entran 16 semicorcheas.


Máis sinxelo é velo no seguinte esquema:   

O acorde e o arpexio

Nunha canción hai dúas partes que podemos distinguir: a melodía e o acompañamento. 


A melodía é a que leva a letra da canción, mentres que o acompañamento é o apoio que complementa esa melodía. 


O acompañamento é harmónico, é dicir, que está formado por acordes.


     Un acorde é un conxunto de 3 notas que soan á vez, e van a distancia de 3ª.


Ás veces esas notas non soan á vez, o fan por separado, dando lugar aos arpexios.



Escoita o audio que segue para observar a diferencia entre o acorde e o arpexio:


Acorde  


Arpexio  

A forma musical

A estrutura desta canción, non é a máis común. Trátase dunha forma ternaria, pero na que se repiten as dúas últimas partes. 


Fíxate na partitura e observa que a forma final sería: A B C B C


Que aprendimos?

Pregunta

1. Cantas negras hai nunha redonda?

Respostas

4 negras

3 negras

2 negras

Retroalimentación

Pregunta

2. Nun compás de 3/4, poden entrar, cantas semicorcheas?

Respostas

8 semicorcheas

12 semicorcheas

6 semicorcheas

Retroalimentación

Pregunta

3. Que nos indica un calderón  sobre unha nota?

Respostas

Esa nota hai que facela máis forte.

Esa nota hai que alargala 3 pulsos.

Esa nota hai que alargala o que se queira.

Retroalimentación

Pregunta

4. Para indicar que un fragmento se repite, que empregamos?

Respostas

Unha dobre barra .

O signo 

Unha dobre barra con puntos .

Retroalimentación

Pregunta

5. Cantos silencios de corchea entran nunha branca?

Respostas

2 silencios de corchea

3 silencios de corchea.

4 silencios de corchea.

Retroalimentación

Pregunta

6.  é unha indicación de: 

Respostas

Tempo

Matiz

Carácter

Retroalimentación

Pregunta

7.   indícanos que: 

Respostas

Hai que reducir a velocidade

Hai que reducir a intensidade pouco a pouco.

Hai que aumentar a intensidade de repente.

Retroalimentación

Pregunta

8. Que é un arpexio?

Respostas

Un conxunto de notas que soan á vez

Un acorde con 4 notas

Un acorde no que as súas notas soan por separado.

Retroalimentación

O ditado

Imos traballar un pouco a nivel auditivo como xa fixemos en outras unidades. Faremos uns ditados: só rítmico, só melódico e melódico-rítmico.

Empregaremos os elementos rítmicos e melódicos que estivemos traballando e que aparecen na canción "Atas atas amimmi". 

Precisaredes unha folla pautada e un lápis. 

Limpade ben os oídos e podedes repetir o audio cantas veces necesitedes!

Ditado rítmico                                          


Ditado melódico                   
            


Ditado melódico-rítmico      

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0