Saltar navegación

Galego

Que conmemoramos? / 5 xuño, Día Mundial do Ambiente

Ambente
      geralt, Sunflower, (CC0)


Desde o ano 1974, cada 5 de xuño celébrase o Día Mundial do Ambiente. A data conmemora a celebración da Conferencia de Estocolmo do ano 1972, convocada pola ONU e á que asistiron representantes de 113 países ademais de organismos intergobernamentais e ONG. Nesta Conferencia das Nacións Unidas sobre o Medio Humano, debateuse por vez primeira a nivel internacional sobre as causas da degradación ambiental e o cambio climático.

Cada ano o Día Mundial do Ambiente ten un país anfitrión distinto e un lema concreto arredor do que se desenvolven milleiros de accións en todo o mundo, co obxectivo de axudar á concienciación  da sociedade para que esta adopte hábitos de vida máis sostibles e respectuosos co Planeta. No ano 2018, o país anfitrión escollido foi a India co lema “Un planeta sen contaminación por plásticos”.

O plástico converteuse na actualidade nun dos maiores problemas ambientais e tamén de saúde. Tarda centos de anos en descompoñerse e neste proceso vaise fragmentando en anacos cada vez máis pequenos e non biodegradables que contaminan todos os ecosistemas e chegan ao noso estómago a través da cadea trófica. Algúns dos compoñentes do plástico son tóxicos, poden alterar o noso sistema endócrino e ser a causa de numerosos trastornos e enfermidades.

Imos aló!

ACTIVIDADE 1. Léxico

Marca cun X a definición correspondente para cada un destes termos:

SOSTIBLE - BIODEGRADABLE - CADEA TRÓFICA - TÓXICO - ENDÓCRINO

SOSTIBLE BIODEGRADABLE CADEA TRÓFICA TÓXICO ENDÓCRINO
Que permanece para sempre, eterno. Característica dos obxectos que son agradables á vista. Conxunto de relacións alimentarias entre os individuos dun ecosistema determinado, que se alimentan uns dos outros seguindo unha orde determinada. Que posúe propiedades semellantes ás do veleno. Relativo aos nervios.
Que permite conservar e mellorar os recursos humanos e/ou ambientais. Substancia que se lle engade aos deterxentes para que laven mellor. Conxunto da fauna e flora propias dun ecosistema. Que corroe todo aquilo que toca até desintegralo. Relativo ás hormonas ou ás secrecións internas.
Relativo ás persoas que habitan un lugar determinado. Que pode ser descomposto por bacterias ou outros organismos da natureza. Colar composto de pequenos obxectos similares. Que se recoñece polas súas cores rechamantes.

Relativo aos músculos.

Habilitar JavaScript

Actividade 2. Amplía a información.

Imos aló!

 

Debes buscar na rede para responder estas cuestións.
Podes consultar esta nova da TVG e mais esta infografía que a asociación ecoloxista ADEGA alberga na súa páxina.

1. Hai moito plástico nos mares?


2. De onde procede o plástico que hai no mar?

3. Como afecta o plástico aos animais mariños?

4. Chega o plástico aos estómagos humanos?

Le isto Le isto Le isto Le isto

Hai illas enteiras de plástico; unha das máis grandes é a do Pacífico. Polo inmenso da súa extensión é coñecida co nome de “Sétimo continente”.

Do plástico que os humanos tiramos na terra. Calcúlase que isto supón o 80% do total do plástico dos mares; o 20% restante corresponderíase co tirado directamente no mar polos barcos.

Poden chegar a morrer, ao plástico obstruír os seus estómagos ou mesmo ao enredárense nel.

Si, a través da cadea trófica. Moito deste plástico contén elementos tóxicos.

Habilitar JavaScript

Para saberes máis.

Existe unha certa polémica respecto da corrección do termo medio ambiente. Trátase en realidade dunha redundancia ou pleonasmo, posto que os dous elementos deste nome composto fan referencia a un mesmo concepto.
Aínda que é correcto o uso dos tres nomes: medio, ambiente e medio ambiente, hai certa tendencia a evitar o uso da forma pleonástica, se ben se respecta naqueles casos asentados polo uso, como a denominación do día mundial.
Podes ler máis sobre este asunto nesta páxina da Universidade de Santiago.