Saltar navegación

ESTUDAMOS UN CASO

Caso de Ana e Pedro

Ana e Pedro son parella desde hai tempo. Na súa relación viven a  súa sexualidade de xeito completamente diferente: Pedro manifesta abertamente os seus desexos e fantasías, sen embargo Ana a vive desde o silencio, pensa que está moi mal visto que unha muller exprese as súas necesidades ou desexos nunha relación sentimental.

Ámbolos dous están comezando a súa carreira profesional e acordaron non ter fillos polo de agora. Sen embargo toda a responsabilidade da contracepción recae sobre Ana, ela se encarga de acudir ao xinecólogo para que lle receite pastillas anticonceptivas e non debe esquecer tomalas a diario, a Pedro isto non lle incumbe. Ana pensa que isto sempre foi así, ela nunca lle pediría á súa parella que fose el o que se ocupase disto. Se Ana quedase embarazada o problema sería para ela, sería a súa vida a que se vería modificada a que tería que cambiar os seus proxectos vitais, Pedro non tería ningún inconveniente ni cambio na súa vida.

COMO VES ESTA RELACIÓN?

CAL É O PAPEL DE CADA UN DENTRO DA RELACIÓN?

DEBE SER ASÍ?

QUE CAMBIARÍAS?