Saltar navegación

COMENTAMOS

ESCOLLE UNHA DAS SEGUINTES FRASES DE ANTHONY DE MELLO, SACERDOTE, JESUÍTA, PSICOTERAPEUTA E ESCRITOR.

1. O amor debe moldearse fora do medo, sen demandas, sen expectativas, sen dependencias. Non demando que me fagas feliz porque a miña felicidade non reside en ti. Gozo plenamente da túa compañía, pero non me aferro a ela.

2. O amor perfecto moldéase fóra do medo. Onde hai amor, non hai demandas, non hai expectativas, non hai dependencia. Eu non demando que me fagas feliz; a miña infelicidade non reside en ti. Se me deixas, non sentiría pena de min mesmo; gozo enormemente da túa compañía, pero non me aferro a ela.

3. Non teño medo de perderte, porque non es un obxecto da miña propiedade ou de alguén máis. Ámote como es; sen apego, sen medos, sen condicións, sen egoísmo, sen intentar absorberte. Ámote libremente porque amo a túa liberdade, do mesmo xeito que a miña.

4. O egoísmo é esixir que o outro faga o que ti queiras. O deixar que cada un faga o que queira é amor. No amor non pode haber esixencias nin chantaxes.

COMENTAA EN RELACIÓN CO TEU CONCEPTO DE AMOR, RELACIONÁNDOA CON ALGÚN DOS MITOS DO AMOR ROMÁNTICO.