DEBUXAMOS
EMOCIÓNS
Agrupate con outros dous colegas.
Un de vós deberá tumbarse no chan para que debuxedes a súa silueta.
Sobre a mesma, cada un de vós identificará o lugar ou lugares do corpo onde se lle manifestan as distintas emocións. Pode ser un único lugar ou varios.
Non é necesario chegar a un acordo, cada quen localizará a súa.
Podedes empregar cores distintas para as distintas emocións.
DISCUTIMOS
Coas emocións distribuídas pola silueta, compartide esas sensacións, incluso experiencias.
Por exemplo:
- "cando a miña mellor amiga, Sumire, non me escolle para facer un traballo de clase con ela, a min comézame a subir unha rabia polos pés....."
- "é certo, iso da moitísima rabia, pero eu o noto nos brazos, entranme ganas de dar golpes..."
Recordade que aquí non hai verdades absolutas, cada quen sente as emocións dun xeito diferente. O que si que é certo é que dun ou outro xeito, esas emocións maniféstanse, e necesitamos recoñecelas para poder xestionalas axeitadamente.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0