
Agora xa sabes o básico de Umap polo que sería interesante que puxeras en práctica un pequeno proxecto para facer unha cartografía sonora e aprender o proceso de traballo e familiarizarte coas aplicacións.
O primeiro que terás que decidir son dous aspectos?
- Se vai ser un mapa desenvolto individualmente ou en grupo. Se decides que sexa en grupo podes ver máis abaixo como xestionar o mapa para que diferentes persoas poidan editar.
- Sobre que aspecto vas a traballar ou temáticas vas a traballar. Ben podería ser simplemente un mapa que recolla sons da zona das persoas implicadas pero as veces é mellor acoutalo algo máis. Estas poden ser algunhas ideas interesantes.
- Xeral: podes coller unha división clásica de tipos de sons (Sons naturais, sons industriais, interacción social, etc., ou xeofonías, biofonías e antropofonías, etc.) e facer gravacións deste tipo. Poderías colocalas en diferentes capas e ter un estudio sonoro dos tipos de sons que aparecen na túa zona asociados a cada tipo.
- Memoria sonora: podes entrevistar a diferentes persoas sobre os sons que consideran representativos dun lugar e facer gravacións deles así como das entrevistas a persoas de certa idade sobre que sons lembran que había hai anos e xa non existen.
- Afectivo: tamén podes propor que se experimenta cando escoitamos un son (tranquilidade, excitación, enfado, etc...) e crear unha categoría afectiva dos sons.
- Temático: podes facer unha investigación sobre unha temática, por exemplo sons relacionados con traballos e facer gravacións de diferentes oficios, ou celebracións (festas, rituais, etc.)
O son serve para contar e transmitir unha parte importante do coñecemento xa que nos pon en contacto de xeito moi especial co noso medio e a finalidade deste tipo de cartografías é amosar esa riqueza. Por exemplo hai uns anos ni IES de Ames se puxo en práctica un proxecto chamado Aldeas traballando colaborativamente o departamento de filosofía/antropoloxía e o de música para tratar as diferencias que existen entre as aldeas contemporáneas (urbanizacións) e as aldeas rurais. Para este traballo realizouse un traballo de campo no que se realizaba un estudio a través de entrevistas, imaxes e sons para poder representar esas diferencias. Aínda que a día de hoxe o mapa non funciona por cuestións de cambios nas políticas de grupos de Soundcloud (razón pola que neste tutorial optamos por traballar con dúas plataformas abertas e menos permeables aos cambios do mercado) podes ver o resto da información para que te fagas unha idea do traballo no que unha cartografía con sons pode ser moi interesante e representativa.

Aldeas Proxecto colaborativos de alumnos de 1º bach do IES de Ames (Bertamiráns)


