Agora imos utilizar unha ferramenta de cartografía virtual como un medio para representar a nosa experiencia de escoita e o coñecemento do medio sonoro no que vivimos utilizando algúns dos conceptos explicados nas leccións anteriores sobre a paisaxe sonora.
Unha cartografía pode non ter sons pero ser sonora como vimos na actividade anterior. Un exemplo interesante é o proxecto Sound Tourism no que aparecen indicados diferentes lugares do mundo que é interesante visitar, non porque sexan fermosos visualmente, se non para escoitar. Pero aquí non se recollen as gravacións deses lugares, se non que están rexistradas e xeolocalizadas para que teñas a información.

Sonic Tourism, por Sonic Wonders
Para empezar a traballar imos utilizar unha ferramenta que te permitirá facer proxectos web similares. Nesta primeira parte imos simplemente a crear un mapa con información textual pero no seguinte apartado aprenderemos como engadir sons para que se converta nun mapa sonoro.
É probable que esteas máis familiarizado cos mapas de Google. A razón pola que escollemos Umap é porque utiliza mapas que foron creados, non por unha empresa, se non coa colaboración de moita xente polo que son unhas cartografías abertas; "OpenStreetMap está creado completamente por xente como ti, e calquera pode corrixilo, actualizalo, descargalo e usalo".
O primeiro que tes que facer é rexistrarte accedendo a esta web. Cando esteas dentro seguir os seguintes pasos.

Escolles o servizo de Open Street Maps entre as opcións que te ofrece.

Agora ou inicias a sesión se xa tes conta ou creas unha conta ben indicando todos os datos ben vinculada a un servizo no que xa teñas unha conta (Gmail, Facebook, Yahoo, etc.)

Se escolles darte de alta sen vinculala a ningún servizo que xa teñas terás que cubrir o seguinte formulario e esperar que te envíen ao teu mail un correo de confirmación para activar a conta.

Xa podemos entrar na nosa conta. Polo de agora non teremos mapas se é a primeira vez que entramos pero no futuro cando entres na túa conta irás vendo os diferentes mapas que fagas.
Para crear o teu mapa tes que ir á esquina dereita superior.

A continuación empezamos o proceso de configuración e o primeiro que podes facer é escoller unha capa, poñerlle un nome e gardalo para seguir traballando nel.