Se ben tódolos os micrófonos cumpren a mesma función non todos o fan de mesmo xeito xa que a súa estrutura interna é diferentes. Como o que estamos a facer é un proceso de transformación do son noutra enerxía (electricidade) que poidamos utilizar con facilidade no ámbito da produción sonora, xa sexa esta analóxica ou dixital, o micrófono que escollamos influirá no resultado de xeito importante (tipo de frecuencias que se acentúan, intensidade, dinámica, etc.).
Se o pensas, en realidade o principio físico no que se basea un micrófono imita o funcionamento do noso tímpano e a súa resposta ás ondas sonoras que chegan do exterior. Esta parte móbil logo terá que interactuar con outros elementos para convertelo, igual que o noso oído, en impulso eléctricos.
Imos ver rapidamente algunhas características das tecnoloxías máis utilizadas.
| TIPOS |
FUNCIONAMENTO |
IMAXE |
UTILIDADE |
| Dinámico |
O funcionamento dos micrófonos dinámicos é o mesmo que o dun altofalante. Temos un imán, un electro imán e unha pequena membrana. Cando o son fai vibrar esta última prodúcense unha serie de oscilacións na relación do campo magnético entre os outros dos compoñentes. Isto provoca, a súa vez, unhas oscilacións eléctricas que son as que se transmiten ao equipo que utilicemos para transformalas (un amplificador, unha mesa de mesturas, unha gravadora, etc.) |
 |
Os usos deste tipo de micrófonos está moi estendido xa que é moi resistente e a súa fabricación non é moi custosa. É habitual que se utilice en situacións de concertos en directo para amplificar a voz e os instrumentos. En estudios de gravación tamén se utilizan por ofrecer un son máis agresivo interesante para algún tipo de instrumentos como o dos amplificadores das guitarras eléctricas. |
| Condensador |
Os micrófonos de condensador, como o seu nome indican, se basean no principio eléctrico deste tipo de compoñente capaz de almacenar electricidade. Está formado por dúas placas, unha fixa e outra móbil que, ao moverse pola influencia do son, producen alteracións na carga existente. As variacións entrarán nos nosos equipos de son e xa podemos traballar con elas.
Este tipo de micrófonos necesitan unha fonte de alimentación para poder utilizalos. Moitos equipos de audio xa contan cun sistema interno coñecido como "alimentación fantasma" ou Phantom ofrecendo unha voltaxe duns +48 voltios.
|
 |
Os micrófonos de condensador son máis delicados que os dinámicos, polo que non é habitual que se utilicen en certo tipo de situacións adversas, pero, pola contra, teñen unha maior sensibilidade ao son e o recolle con máis matices e dinámica, polo que en ocasións é moi utilizado. |
| Cinta |
Os micrófonos de cinta son similares aos dinámicos no seu funcionamento, xa que ten un imán fixo, pero neste caso o que se move coas vibracións do son entrante é unha cinta metálica condutora tensada polos seus extremos producindo unha flutuación no campo magnético (indución electromagnética) e, en consecuencia, na carga eléctrica. |
 |
A súa principal peculiaridade é que responde de xeito moi natural ás frecuencias agudas e aguantan ben altas presións sonoras, ademais de recoller o son bidireccionalmente (pola parte frontal e posterior)
|
| Piezoeléctrico |
Os piezoeléctricos son micrófonos que recollen o son por contacto. Se os anteriores captaban as oscilacións que se producen nun medio aéreo estes últimos precisan estar en contacto cunha superficie que a súa vez amplifique esas oscilacións. O seu funcionamento basease no principio de piezoelectricidade dalgúns materiais cristalinos capaces de xerar pequenas cargas eléctricas oscilantes en resposta aos cambios de presión.
|
 |
A súa vantaxe é que permite aillar certos sons das condicións acústicas do espazo no que se producen xa que recolle o son directamente dun elemento que está en vibración. É moi utilizado para amplificar, por exemplo, o son dunha guitarra colocándoo nalgunha das partes resoantes do instrumento.
|