
Como xa vimos, na actualidade existen moitos tipos de micrófonos dependendo das súas especificacións e características, o que determina para que uso son máis idóneos.
Nesta actividade imos centrarnos naqueles que se coñecen como micrófonos de contacto. Estes recollen a vibración que se transmite a través dun corpo sólido ao que están pegados, de aí o seu nome.
Aínda que normalmente adoitamos a escoitar a través dun medio gasoso, como é o aire, este tamén se transmite por outros medios como os líquidos e os sólidos.
Se fas soar un diapasón e o apoias en diferentes partes da túa cabeza comprobarás como podes escoitar o son que emite. Esa transmisión non se produce a través do aire se non a través da estrutura ósea do teu cranio.
Os micrófonos cos que imos traballar actúan dunha forma similar. Agora imos construír un micrófono de contacto. A parte principal na que se basean este tipo de transdutor son uns compoñentes electrónicos de moi baixo custe que se coñecen co nome de Piezoelectricos e que converten as vibracións en electricidade de baixa intensidade.
Podes facer un experimento moi sinxelo para comprobar isto. Só tes que conectar un pequeno led a as dúas areas do piezo, unha metálica e outra cerámica, e se apagas a luz e lle das golpes ao disco comprobarás como se acende sen que haxa outra fonte de enerxía que o propio piezo.
Este principio estase utilizando nos últimos anos para xenrar electricidade que alimente a iluminación de sinalización de estradas, corredores en centros públicos con moito tránsito de xente, etc.
Pero agora imos ver como podemos sacarlle partido a esta propiedade para gravar sons escondidos.














