Saltar navegación

Escribimos un guión

Actividade 2. Construir unha ficción

Actividade 2 

 

Sobre a escritura. "A primera vez que vin unha película".

Construir unha ficción e crear un guión.

 

 

 

No século XXI nácese inmerso nun mundo de imaxes en movementos creadas polo ser humano. As televisións, ordenadores, tabletas e dispositivos móviles están ao noso arredor. ¿lembras cal foi o primeiro film que viches? ¿e o primeiro programa de tv? ¿Que película deixou pegada na tua memoria?.

 

 

A maxia do cine sorprendeu especialmente nos seus inicios. Actualmente a televisión, os reproductores on line, os videoxogos e o cinema en 3D nos resulta cotidian ou cohetáneo. O reto para o creativo é empregar todas as ferramentas que temos ao noso alcance para emitir unha mensaxe, amosar unha realidade ou transmitir emocións a través da ficción. As ferramentas mais sinselas para grabar e editar témolas en xeral ao noso alcance no fogar e na escola. Para meiorar a nosa expresión temos que estudar e investigar uns principios básicos da linguaxe audiovisual practicando con algunha aplicación informática. Para facer un traballo organizado e acadar mais calidade na producción audiovisual séguese xeralmente varios pasos. Un dos primeiros será redactar o guión.

 

Nos traballaremos os aspectos básicos para escribir un Guión Cinematográfico tendo en conta que o que imos crear é unha curtametraxe. A película es unha curtametraxe cando a duración non supera os 30 minutos como máximo, de 30 a 60 minutos é unha mediometraxe e a partir de 60 minutos trátase dunha longametraxe. 

 

Estracto do guión gráfico (story board) elaborado por Ana Davila

 para a curta "Enrolate, Doa o teu corazón" accesit da Consellería de Sanidade.

 

«Storyboard for The Radio Adventures of Dr. Floyd» licenza CC BY-SA 3.0 vía Wikimedia Commons 



Un guión é un texto expositivo que informa, explica ou indica de maneira clara os dialogos, personaxes, planos, esceas, secuencias...

A realización dun Story Board e grazas a linguaxe secuencial axudaranos a materializalo graficamente. 

Con todo, tan importante como a súa corrección é a súa claridade é a súa coherencia interna, é dicir, a orde na progresión da información. Por todo iso, faise imprescindible un esquema-guión previo que vos axude a elaborar o borrador do que pensedes escribir.

 

 



Fernando Cámara, director e guionista, conta os ingredientes fundamentais para unha boa curtametraxe. Ademáis da recomendación de transmitir emocións, con ganas e ilusión, achega uns trucos:


.A narración debe conter un conflicto.

 

.Definirase as personaxes en base ao conflicto, personaxe  + conflicto = historia

 

.A historia debe ter un principio mais un final.

 

.Escribimos a narración nun formato de guión estandar. O meior para aprender  a escribilos é ler guións.

 

.Dividimos o tempo en catro partes: A primeira será para presentar o contexto e  as personaxes, a segunda e terceira para desenvolver a trama e a cuarta para  o desenlace.



 

Exercicios

 

Investiga sobre os conceptos básicos de percepción visual e a linguaxe visual. Aprende algunhas técnicas de edición de imaxe e vídeo para ordenadores e dispositivos móbiles que teñas ao teu alcance.


Escribe un texto para contar aos demais como foi a primeira experiencia que lembras ao ver o teu primeiro film no cine. Pódese contar tambén visualmente e por medio de viñetas nunha banda deseñada ou nun mapa visual. 

 

 

Redacta un texto que responda as seguintes preguntas:

¿Como foi?

¿cal?

¿Cando?

¿Que sentín?

¿Por que gustoume ou non?

 

 

 

A idea

Busca unha idea, algo que dicir ou transmitir. Se iso non ocorre á primeira, temos varias técnicas de creatividade para atopala, como nun obradoiro creativo, para extraer e definir ideas traballando en grupo:

 

.A chuva ou tormenta de ideas: brainstorming.

.O obradoiro de escritura, adaptar clásicos literarios ou facer interpretacións  libres de contos, textos, etc. Cando teñas ou teñades claro que argumento      queredes desenrolar o seguinte paso e estructuralo nun guión.


O Guión

Nas ligazóns hai exemplos de guións, guións para adaptar e varias recomendacións.

Crea un script (secuencia de accións) a partir do argumento e debuxa un storyboard (o guión gráfico). Á viñeta é moi útil para transmitir ao equipo de rodaxe como vaise encadrar a toma. Os directores contratan a debuxantes para pasar a banda deseñada as tomas principais.


Consideracións técnicas

A Edición de video require xeralmente equipos mais potentes que os de uso común. Pero tendo unha serie de consideracións podemos implementar a capacidade de todos os ordenadores.

Optimiza o rendemento do teu dispositivo desconectándoo de internet, pechando outras aplicacións e elimina as opcións de configuración automática, como fondos de pantalla personalizados, etc.

Na montaxe edita pequenas secuencias para evitar que o dispositivo se colgue.


Dereitos de Autor

Usa só audio creado por ti ou atopao compartido con certos tipos de licenzas Creative Commons como por exemplo o Banco de imaxes e sons do intef. Hai tambén compositores que en internet permiten que descarges dun sitio web a sua música para utilizala sen fins comerciais. Cando empregues as súas creacións sempre hai que facer referencia ao autor nos títulos de crédito.