Versa e complementa a percepción visual
Actividade 1
Versa e complementa a percepción visual
Correspondencias cos contidos curriculares:
Bases da comunicación
Emisor - Canal - Receptor
Mensaxe - Código - Contexto
Funcións da linguaxe
Percepción visual
Introducción
A natureza emite constantes mensaxes visuais cuios códigos son descifrados en función das capacidades e necesidades dos seres vivos. A luz é o elemento fundamental e indispensable que permite achegar as mensaxes visuais.
A vida da maioría dos seres vivos está adaptada desde fai millóns de anos aos ciclos do día e a noite. Unha sombra inesperada pode ser unha sinal de perigo. As cores na natureza teñen asignados os seus códigos establecidos na evolución. Un animal venenoso moitas veces está cuberto cunha cor totálmente diferente á normalidade, como por exemplo ás rás vermellas ou azuis. Algúns peixes de cores empregam também cores chamativas como código para aullentar a depredadores. A complexidade dos códigos desenvoltas polo ser humán ten ademais outros factores a ter moi en conta: O contexto, a cultura, a psicoloxía, as emocións, etc.
O ollo é unha cámara oscura e nel desenvolvese o proceso da visión. A información recollida polos ollos é enviada ao cerebro. Temos un sistema transmisor que vai do nervio óptico ao cerebro. Como na cámara oscura a imaxe chega invertida ao ollo pero o cerebro recompón a visión no proceso de percepción.
Algúns dos factores que influen e modifican a nosa percepción visual son culturais, emocionais e formativos. Cando practicamos a linguaxe visual e audiovisual melloramos a nosa capacidade perceptiva e creativa.
Presentación sobre a percepción visual realizada pola alumna de bacharelato de artes Paula Broullón para a asignatura debuxo artístico en 2015.
A comunicación visual prodúcese cando se empregan imaxes e o receptor é a visión. Para comunicarnos utilizamos ademais das imaxes, sons, palabras e/ou xestos. Empleandose estes recursos conxuntamente conseguimos unha comunicación máis efectiva. Os elementos básicos da comunicación visual son o emisor, a canle, a mensaxe, o receptor e o contexto.
Emisor: É quen emite a mensaxe, pode ser ou non unha persoa.
Receptor: É quen recibe a información.
Canle: É o medio físico polo que se transmite a mensaxe, como internet, un teléfono, a tv, etc.
Código: Sistema de sinais ou signos que se usan para transmitir unha mensaxe, por exemplo, o inglés, o castelán, o código morse.
Mensaxe: É o que se quere transmitir.
Contexto: É a situación ou contorna extra lingüística na que se desenvolve o acto comunicativo.
*Fai unha infografía cos conceptos anteriores. Podes empregar a versión gratuita de Piktochart
Rúbricas de Avaliación


