Exercicios
Actividades
Ademais de facer unha infografía e/ou mapa mental con conceptos e a recomendación do apartado anterior pódense facer os seguintes exercicios na aula:
Exercicio 1 Construir unha cámara estenopéica
Utilizamos unha caixa de cartón para facer unha cámara estenopéica. Nun lado perforamos para facer o obturador e preparamos un sistema para tapar e destapar o buraquiño. No lado oposto e no interior da caixa irá o papel fotográfico. A caixa estará pintada de cor negra por dentro. O principio da cámara escura transmite a imaxe invertida.
Unidade didáctica 1: Cámara estenopeica "O fabuloso mundo das imaxes"
password: 1111
Material Fotosensible: Papel fotográfico ou película negativa.
Lembra que o papel fotográfico tense que manipular no laboratorio con luz vermella. Primeiro colocaremos o papel fotográfico na caixa estenopéica a oscuras ou con luz vermella. Empregamos papel fotográfico ou película negativa (carrete) e a imaxe rexistrase en negativo. Facemos a fotografía deixando un tempo de exposición medio dun minuto. Podemos consultar taboas de tempo de exposición á luz en función do tamaño do buraco da caixa que sirve de obturador.
De facer o mesmo proceso con película negativa hai que manipular o negativo sen luz, totalmente a oscuras.
Captura unha imaxe cunha función ou cun sentido comunicativo. Descubre a poesía visual do artista español, premio nacional de fotografía, Chema Madoz.
Documentamos o traballo na aula cun audiovisual estilo making off para dinamizar a experiencia.
Recurso para cámara estenopéica:
http://es.slideshare.net/juanlumarvel/practica-1-la-cmara-estenopeica
Exercicio 2 Deseñar infografías
Deseña unha infografía sobre a cámara estenopeíca ou pinole.
recursostic.educacion.es: infografias-e-competencia-dixital by César Vallejo
apps: ferramentas (proxecto colaborativo infoEDUgrafías).
Exemplo de infografías de alumnado de secundaria.
Propostas: A comunicación
A Percepción visual
Funcións da linguaxe
Cámara oscura
Fotografía estenopeica
Exercicio 3 para clase invertida (Flipped classroom e/ou altas capacidades):
Comproba que funcións da linguaxe verbal temos também na linguaxe audiovisual e pon un exemplo.
apelativa
referencial
metalingüística
expresiva
poética
fática
Debuxa un mapa mental (visual thinking) ou deseña unha infografía que resuma os conceptos anteriores.

Proxecto colaborativo infoEDUgrafías
Como e para que facemos unha infografía

Proxecto colaborativo "Non me contes historias debúxamas"
Como e para que facemos un mapa mental
Rúbricas de Avaliación