Actividade 1 Percepción e comunicación visual
A aula de plástica e a de cultura audiovisual son os espazos axeitados en ensino secundario para ollar con atención os elementos da linguaxe narrativa secuencial e educar a mirada para comprender a composición das obras audiovisuais, compostas por unha serie de códigos que pódense estudar, comprender, analizar e aplicar.
Na actualidade a alfabetización mediática é unha necesidade cara ao análise e comprensión dun mundo cheo de imaxes fixas e en movemento. As novas linguaxes, non formais, utilizánse para a expresión e comunicación do ser humano. Para poder acadar unha capacidade analítica das mensaxes con criterio e ter a posibilidade de expresarmos con creatividade, a linguaxe audiovisual é un medio facilitador de coñecemento e creatividade indispensable.
Contidos das unidades didácticas O FABULOSO MUNDO DAS IMAXES
