Saltar navegación

Tarefas

Seccións dun xornalAo longo deste traballo imos traballar como xornalistas. 

A nosa misión principal será editar un número do xornal escolar do noso cole para manter informada á comunidade educativa sobre as temáticas que consideremos oportunas.

Para levar a bo fin o noso cometido, primeiro deberemos formarnos como xornalistas na Academia de xornalismo. Unha vez formados pasaremos a exercitar o noso traballo.

Resumindo, temos que realizar as seguintes tarefas:

  1. Na academia de xornalismo, seguindo as pautas que figuran no apartado de "Proceso", formarémonos como xornalistas.

  2. Elaboración dun xornal escolar. Unha vez conseguido o título de xornalista, pasaremos a formar parte da plantilla do xornal do cole e teremos como misión a elaboración dunha edición do xornal escolar.

O xornal será publicado na web do centro e no blog da biblioteca. Se o cole dispón de orzamento suficiente podémolo imprimir e repartilo entre todos os membros da comunidade educativa.


... estades preparados para estudar xornalismo?