Saltar navegación

Guía didáctica

Destinatarios

  • Alumnado de 5º e 6º curso de Ed. Primaria

Obxectivos

  • Coñecer os principais xornais da nosa Comunidade Autónoma.
  • Recoñecer os diferentes tipos de xornais segundo a súa temática.
  • Identificar as distintas seccións de que consta un xornal.
  • Recoñecer os elementos principais dunha nova.
  • Distinguir os diferentes tipos de textos periodísticos.
  • Ser quen de redactar diferentes textos periodísticos.
  • Discriminar os pasos a seguir para a elaboración dunha nova dun xornal.
  • Valorar a importancia dos xornais na nosa información.
  • Ser capaz de realizar un traballo de investigación.
  • Desenvolver a capacidade creativa para plasmar a información nun xornal escolar.
  • Crear documentos en base ao consenso e debate.
  • Usar as Novas Tecnoloxías no aula, manexando algunhas funcións propias do Sistema Operativo (copiar, pegar gardar arquivos, etc.), Internet a nivel de usuario, empregar algún programa de edición de textos, empregar programas de edición de presentacións, programas de edición en liña.
  • Ser quen de por en liña os traballos realizados.
  • Valorar a importancia da celebración da Semana da Prensa nos colexios.

Contidos

  • Xornais principais de Galiza.
  • Tipos de xornais segundo o seu contido.
  • Seccións dun xornal.
  • Tipos de textos periodísticos.
  • Elementos dunha nova.
  • Proxeso de elaboración dun texto periodístico.
  • O xornal escolar como recurso para chegar á comunidade educativa.
  • O debate como instrumento para elaborar documentos consensuados.

Competencias

Nesta webquest trabállanse as seguintes “Competencias clave”:

  • Comunicación lingüística (CCL).
  • Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía (CMCT).
  • Competencia dixital (CD).
  • Aprender a aprender (CAA).
  • Competencias sociais e cívicas (CSC).
  • Sentido de iniciativa e espírito emprendedor (CSIEE).
  • Conciencia e expresións culturais (CCEC).

Metodoloxía

  • Material: Ordenadores con conexión a internet e impresora. Fichas de recollida de datos e material para escribir. 
  • Software: Programas de navegación por internet, programas de edición de textos (Office, LibreOffice ou Google docs). Programas de edición de presentacións (Office, LibreOffice ou Google Presentacións). Aconséllase para traballar con contas de Google que o centro cree as contas necesarias (nomedocentro01,nomedocentro02...) e facilite os datos de usuario e contrasinal ao alumnado.
  • Organización do espazo: Traballaremos no aula de informática para formarnos como xornalistas e para a pescuda de información para elaborar as diferentes novas. No aula redactaremos os textos periodísticos escollidos. O traballo de conclusión para elaborar a Portada pódese facer na aula ordinaria.
  • Organización alumnado: O alumnado traballará por parellas para formarse como xornalista e grupo repartido nas cinco seccións do xornal propostas. Seguirán a orde que marcan os traballos propostos no "Proceso" desta webquest para realizar as dúas tarefas  encomendadas. En gran grupo realizaremos a exposición das novas e o apartado de "Conclusións". As actividades de lecer pódense facer de forma individual ou nos grupos de traballo establecidos. 
  • Recursos educativos: Os recursos complementarios aparecen reflictidos no apartado de "Proceso" da webquest..
  • Interrelacións: Nesta tarefa están implicadas todas as áreas do currículo, pero fundamentalmente as áreas de lingua.

Temporalización

  • Cinco sesións dunha hora no colexio, máis traballo para casa para realizar a formación como xornalistas.

Avaliación

  • O alumnado observará os criterios de avaliación das tarefas antes de comezar a realización das mesmas. Asemade, unha vez rematado o traballo, realizará a autoavaliación e comprobará a puntuación obtida.
  • O profesorado realizará a avaliación das tarefas presentadas segundo os criterios reflectidos na "Avaliación" da WQ.