Saltar navegación

Tarefas

Dereitos da infanciaNesta ocasión imos a exercer o papel de artistas plásticos, especializados en banda deseñada.

Teremos como misión a elaboración dun cómic que reflicta a versión reducida da Convención de Dereitos da Infancia elaborada por Unicef sobre a orixinal de 54 artigos, que será empregado para informar a toda a comunidade educativa con motivo desta celebración.

Para levar a bo fin o noso traballo, realizaremos, entre todos os membros da clase, as seguintes tarefas na orde establecida:

  1. Documentarnos sobre cales son os Dereitos da Infancia que promulgou a Asamblea Xeral de Nacións Unidas 1989 seguindo os pasos reflectidos no apartado de  "Proceso".

  2. Elaboración dun cómic, que poña de manifesto os Dereitos fundamentais dos nenos e nenas de todo o mundo.
     

Con todos os traballos de banda deseñada realizados polo alumnado, elaboraremos un cómic que será publicado en pdf na web do cole e no blog da biblioteca.

O traballo tamén será impreso a cor para realizar un libro con el que pasará a formar parte dos fondos da biblioteca do colexio...


... agora toca pescudar para poder debuxar!!