Saltar navegación

Conclusión

Para rematar...

Dereitos da InfanciaChegados a este punto, xa deberiades coñecer cales son os dereitos fundamentais da infancia que promulgou, no ano 1989, a Asamblea Xeral das Nacións Unidas, por iso, estades en condicións de expresar a vosa opinión sobre as seguintes cuestións e de rebater as que expresen os vosos compañeiros e compañeiras:

... respéctanse os dereitos da infancia no noso País??

... e no resto de países do mundo??

... que valoración outorgades a que existan estes dereitos?

Un pouco de lecer

Dereitos da InfanciaSe remataches as tarefas, podes gozar duns momentos de lecer, ben merecidos, nas seguintes ligazóns:

Para rematar, só resta indicar que todos deberiamos comprender que esta forma de traballar é un recurso educativo moi útil, xa que nos vai permitir adquirir coñecementos de xeito divertido e ameno.

Esperemos que as vosas achegas ao traballo de banda deseñada axuden ao resto de membros da comunidade educativa a coñecer cales son os dereitos fundamentais da infancia...

... agora toca celebrar o voso día!!