Saltar navegación

Introdución

Dereitos da InfanciaOs dereitos dos nenos e nenas fundaméntanse no respecto á dignidade e o valor de cada individuo, independentemente da súa raza, cor, xénero, idioma, relixión, opinións, oríxes, nacemento ou capacidade.

Foron establecidos pola Asamblea Xeral de Nacións Unidas, no ano 1989, co fin de promover o benestar de todos o nenos e nenas do mundo.

Na imaxe da dereita podedes ollar os principais temas que abordan estes dereitos fundamentais que foron aprobados na Convención da ONU para que en todas partes e lugares do mundo sexa posible chegar a este benestar...

...botádelle unha ollada!!
... resúltanche coñecidas estas palabras?

Anímate a pescudar en que consiste cada un deles!!

... e serás quen de defender os Dereitos da Infancia cando observes que non se están a cumprir.