Saltar navegación

Introdución

Estatuto de GalizaSabías que...

... o Estatuto de Autonomía de Galiza é unha norma institucional básica na nosa Comunidade e que foi aprobada no ano 1981.

... seu Título preliminar recoñece a Galiza a súa condición de nacionalidade histórica.

... afirma que os poderes da Comunidade Autónoma baséanse no Estatuto, na Constitución Española e no pobo galego.

Asemade, entre outras moitas cousas, tamén establece unha serie de símbolos propios de Galiza como son a bandeira, o escudo e o himno e que a lingua galega é a lingua propia da nosa Comunidade.

... queres saber un pouco máis dos nosos símbolos?

... que nos conta esa norma chamada Estatuto?

... coñecer a verdadeira historia da nosa Lingua?