Saltar navegación

Conclusión

Para rematar...

ReciclaxeChegados a este punto, sodes xa coñecedores dos contidos fundamentais que se tratan no Estatuto de Autonomía de Galiza.

Para por en práctica os coñecementos adquiridos, e a modo de CONCLUSIÓN, imos actuar como se fósemos membros do Parlamento de Galiza para elaborar un borrador das "Normas de clase, corredor e recreo" que achegaremos ao Equipo Directivo do centro co fin de telas presentes no Plan de Convivencia.

  • Repartiremos os membros da clase en catro comisións parlamentarias:
    • Comisión para normas de clase.
    • Comisión para normas de corredor.
    • Comisión para normas de recreo.
    • Comisión para posibles sancións por incumprimento das normas.
  • Cada comisión reunirase e realizará unha tormenta de ideas,sobre o tema, que anotarán por escrito.
  • Realizada a tormenta de ideas, formaremos a Mesa Presidencial Parlamentaria que estará composta por un membro de cada comisión.
  • Convocaremos un Pleno Parlamentario para debatir as propostas de cada comisión e realizar as enmendas que sexan precisas ás mesmas.
  • A Mesa Parlamentaria será a encargada de dirixir o debate sobre as propostas de cada Comisión. O titor actuará como Presidente da Mesa do Parlamento.
  • Ao final da Sesión Plenaria teremos que ter elaborado un documento coas ideas aportadas por todas as comisións que achegaremos ao Equipo Directivo.

Un pouco de lecer

Xogos de lecerSe remataches as tarefas, podes gozar duns momentos de lecer, ben merecidos, nas seguintes ligazóns:

Para rematar, só resta indicar que todos deberiamos comprender que esta forma de traballar é un recurso educativo moi útil, xa que nos vai permitir adquirir coñecementos de xeito divertido e ameno.

Esperemos que o voso traballo redunde unha maior defensa dos nosos símbolos...

... que teñades unha boa ponte da Constitución!!