Saltar navegación

Guía didáctica

Destinatarios

  • Alumnado de 5º e 6º curso de Ed. Primaria

Obxectivos

  • Coñecer os Títulos que forman o Estatuto de Galiza e o seu contido principal.
  • Valorar a importancia e significado que ten o Estatuto para os galegos.
  • Identificar os simbolos propios de Galiza: A Bandeira, o Escudo e o Himno.
  • Recoñecer á Bandeira de Galiza como representación da nosa Comunidade.
  • Ser quen de explicar o significado do Escudo de Galiza.
  • Valorar a importancia de ter unha Lingua propia.
  • Recitar e memorizar o Himno de Galiza.
  • Ser capaz de realizar un traballo de investigación.
  • Coñecer e representar o funcionamento dun Parlamento.
  • Desenvolver a capacidade creativa para plasmar a información nunha presentación.
  • Crear documentos que serán Norma en base ao consenso e debate.
  • Usar as Novas Tecnoloxías no aula, manexando algunhas funcións propias do Sistema Operativo (copiar, pegar gardar arquivos, etc.), Internet a nivel de usuario, empregar algún programa de edición de textos, empregar programas de presentacións.
  • Ser quen de por en liña os traballos realizados.
  • Valorar a importancia da conmemoración do Día da Constitución e o Estatuto.

Contidos

  • Estatuto de Autonomía de Galiza.
  • Símbolos propios de Galiza:
    • Bandeira.
    • Escudo.
    • Himno.
  • Historia da Lingua Galega.
  • O Parlamento. O seu funcionamento.
  • A "presentación en liña" como recurso para chegar á comunidade educativa.
  • O debate como instrumento para elaborar documentos consensuados.

Competencias

Nesta webquest trabállanse as seguintes “Competencias clave”:

  • Comunicación lingüística (CCL).
  • Competencia dixital (CD).
  • Aprender a aprender (CAA).
  • Competencias sociais e cívicas (CSC).
  • Sentido de iniciativa e espírito emprendedor (CSIEE).
  • Conciencia e expresións culturais (CCEC).

Metodoloxía

  • Material: Ordenadores con conexión a internet e impresora. Fichas de recollida de datos e material para escribir. 
  • Software: Programas de navegación por internet, programas de edición de textos (Office, LibreOffice ou Google docs). Programas de edición de presentacións (Office, LibreOffice ou Google Presentacións). Aconséllase para traballar con contas de Google que o centro cree as contas necesarias (nomedocentro01,nomedocentro02...) e facilite os datos de usuario e contrasinal ao alumnado.
  • Organización do espazo: Traballaremos no aula de informática para a pescuda de información para elaborar as diferentes presentacións. No aula de plástica crearemos os collages. A gravación do Himno será no aula de informática ou música. O traballos de exposición e elaboración da presentación final, así como o debate parlamentario serán no aula ordinaria ou na biblioteca.
  • Organización alumnado: O alumnado traballará en grupo repartido en cinco tipos de traballo. Seguirán a orde que marcan os traballos propostos no "Proceso" desta webquest para realizar as tarefas  encomendadas a cada profesión. En gran grupo realizaremos a exposición dos traballos e o apartado de "Conclusións". As actividades de lecer pódense facer de forma individual ou nos grupos de traballo establecidos. 
  • Recursos educativos: Os recursos complementarios aparecen reflictidos no apartado de "Proceso" da webquest..
  • Interrelacións: Nesta tarefa están implicadas as áreas de lingua, ciencias sociais, educación artística e transversais "educación cívico e constitucional".

Temporalización

  • Cinco sesións dunha hora no colexio, máis traballo para casa para realizar a reportaxe fotográfica da nosa contorna..

Avaliación

  • O alumnado observará os criterios de avaliación das tarefas antes de comezar a realización das mesmas. Asemade, unha vez rematado o traballo, realizará a autoavaliación e comprobará a puntuación obtida.
  • O profesorado realizará a avaliación das tarefas presentadas segundo os criterios reflectidos na "Avaliación" da WQ.