Saltar navegación

Preguntas

O felo e o galo

Deberás pescudar as respostas das seguintes cuestións nas ligazóns que che ofrecemos no apartado de Recursos:

  1. Que levan na cara as Madames e Galáns de Cobres?
  2. En que consiste a celebración do rodo en Boborás?
  3. Que se fai no domingo corredoiro no entroido de Maceda?
  4. Con que se decora o corno das pantallas de Xinzo?
  5. Cando empeza o entroido en Xinzo da Limia?
  6. Que dous complementos leva o vergalleiro de Sarreaus?
  7. Canto pesa o traxe do cigarrón e de que está feita  a súa máscara?
  8. Cales son as personaxes que aparecen no entroido de Laza?
  9. Como se chama a personaxe principal de Manzaneda?
  10. Cal é a comida típica de Viana do Bolo no entroido?
  11. En que consiste o folión de Vilariño de Conso?
  12. Que representan as fitas de cores do broche que leva a Pita de Eiroás?.
  13. Como é o disfrace do charrúa?
  14. De que vai adornado o sombreiro dos troteiros de Bande?
  15. Que complementos levan os Xenerais do Ulla?