Saltar navegación

Guía didáctica

Destinatarios

  • Alumnado de segundo e terceiro Ciclo de Ed. Primaria

Obxectivos

  • Coñecer as principais manifestacións do Entroido en Galicia.
  • Pescudar información sobre as particularidades de cada unha destas celebracións.
  • Investigar sobre a orixe da celebración do Entroido.
  • Ser capaz de debater en público ideas propias.
  • Argumentar e fundamentar as ideas manifestadas.
  • Desenvolver a capacidade de diálogo cos compañeiros.
  • Ser quen de realizar pescudas de información en internet.
  • Usar as Novas Tecnoloxías no aula, manexando algunhas funcións propias do Sistema Operativo.

Contidos

  • Principais manifestacións do Entroido en Galiza.
  • O "triángulo máxico" do Entroido.
  • A orixe da celebración do Entroido.
  • Metodoloxía das Cazas do Tesouro.
  • O debate como método expositivo de ideas.

Competencias

Nesta webquest trabállanse as seguintes “Competencias clave”:

  • Comunicación lingüística (CCL).
  • Competencia dixital (CD).
  • Aprender a aprender (CAA).
  • Competencias sociais e cívicas (CSC).
  • Sentido de iniciativa e espírito emprendedor (CSIEE).
  • Conciencia e expresións culturais (CCEC).

Metodoloxía

  • Material: Ordenadores con conexión a internet e impresora.
  • Software: Programas de navegación por internet.
  • Organización do espazo: Traballaremos na aula de informática para a pescuda de información e na biblioteca para a resposta á "Gran pregunta".
  • Organización alumnado: O alumnado traballará individualmente a tarefa de pescuda da información ata completar o esquema/guión. En grupos de 2/4 persoas prepararán as ideas para debatir a "Gran pregunta". As actividades de lecer pódense facer de forma individual ou  nos grupos de 2/4 persoas establecidos. 
  • Recursos educativos: Os recursos complementarios aparecen reflictidos no apartado de "Recursos" da Caza do tesouro.
  • Interrelacións: Nesta tarefa están implicadas as áreas de lingua e ciencias sociais.

Temporalización

  • Catro sesións dunha hora en clase. Pódese propor que as preguntas se fagan en casa, se todo o alumnado ten acceso a internet. 

Avaliación

  • O alumnado observará os criterios de avaliación das tarefas antes de comezar a realización das mesmas. Asemade, unha vez rematado o traballo, realizará a autoavaliación e comprobará a puntuación obtida.
  • O profesorado realizará a avaliación das tarefas presentadas segundo os criterios reflectidos no apartado de "Avaliación" da WQ.