Caza do tesouro: O entroido en Galiza
A gran pregunta
Para rematar...
Agora que xa sabedes un pouco máis sobre a celebración do entroido en Galiza, imos realizar un debate sobre a celebración desta festa no chamado Triángulo Máxico do Entroido e a que se podería facer para que na nosa comarca se celebrase de igual xeito.
Pasos a seguir para realizar o debate:
- Por equipos de 2/4 persoas elaboraredes un listado de ideas a debater.
- En gran grupo, iremos expondo o falado nos equipos e entre todos afondaremos sobre o tratamento das ideas propostas.
- Para rematar, entre todos os membros da clase, elaboraremos un manifesto que anime á nosa comunidade educativa a recuperar, defender e promocionar as formas de celebración ancestrais do entroido da nosa comarca. Publicitaremos o manifesto na web e blogs do cole.
Un pouco de lecer...
Para rematar, podedes divertirvos un pouco cos seguintes materiais interactivos:
-
-
-
-
- LIM colaborativo sobre o entroido en Galiza.
- LIM do CRA Raiña Aragonta
- Selección de videos sobre o entroido en Galiza do CEIP Marcos da Portela.
- LIM colaborativo sobre o entroido en Galiza.
-
-
-
Por último, esperamos que esta forma de pescudar información sobre o Entroido, de xeito divertido e ameno, vos resultase útil.
Só vos resta escoller un disfrace o máis orixinal posible e celebrar a festa cos vosos compañeiros no colexio.