Exercicios de repaso.
Exercicio
Indica cal do pronomes resaltados non é un pronome tónico:
e non quero que andes dicindo
que tumba que dálle que tal que sei eu..
ai lalalalalá ai lalalalalá laralaralalá
A solución é:
Colocación do pronome 1
Reescribe a oración levábanos a gran velocidade pólas vías colocando no seu inicio as formas nunca, disque, agora, tamén, ainda, antes e enriba.
Colocación do pronome 2
Explica a colocación nas seguintes frases dos pronomes resaltados:
D. Xohán, sempre pronto a se marabillar, sorrí e paga.
O medo correu por toda aquela terra, e a xente non
quería sair fóra despois de empardecer, e aínda se non quería desviar moito da casa no día claro. (Adaptado de “O
lobo da xente” de V. Risco)
Mais de que fun medrando, inda que a miña nai non levaba ben que eu fose, o home principiou a me querer levar con eles ás festas, e aínda lle dixo unha vez a ela que se ela non quería vir, que íamo-los dous, el e mais eu... E dar dábame máis agarimo ca a mi madre... (V. Risco).
Identificación de pronomes
Localiza, clasifica os pronomes das seguintes frases e indica as funcións sintácticas que cumpren:
Ben che vin estar o cuco enriba do ameneiro.
Botóusevosnos enriba sen decatarnos. Así foi como nos atropelou; e a vós que foi o que vos pasou?
Calquera lle está seguro na casa, á vista do que está pasando.
E ti, vés con nosoutros ou quedas con elas?
Actividade
Localiza, clasifica os pronomes do seguinte texto e indica as funcións sintácticas que cumpren:
Farei o que me conveña
e o que a conciencia me manda
porque ó fin e ó cabo
a esta xente non lle debo nunca nada.