Dativo de interese
Observa
Indica a persoa que ten un interese especial na acción
que expresa o verbo porque recibe un beneficio ou prexuízo.
As formas son iguais ás do CI: me, che, lle, nos, vos, lles.
Pode combinarse co CI e co dativo de solidariedade : Este neno cómecheme ben.
Exercicio 1
Indica se as formas pronominais resaltadas son de solidariedade (s), interese (i) ou Complemento Indirecto (c):
Un bico, cóidateme ( ).
Quería dous kilos de mexillóns, que non me ( ) estiveran abertos.
Fun ó médico pedirlle a baixa, pero non ma (me+a= ) deu.
O queixo azul non che ( ) me ( ) gusta.
Exercicio 2
Donas
e cabaleiros élles importante que me estean atentos.
Os meus fillos non che me obedecen nunca.
Estouvos
ben disgustado con todo isto. Fágame caso, haille moita necesidade. |