3.5 - Perspectiva central a partir dunha imaxe fotográfica
Como diciamos na perspectiva cónica central utilizase un punto de fuga F situado na liña de horizonte LH.
Para iniciar o debuxo situaríamos esta liña á altura dos ollos do espectador. Na LH situariamos logo o punto de fuga que se obten como o lugar no que converxen as arestas e liñas dos laterais dos volumes.
Neste caso partimos da fotografía dunha rúa do barrio da Madalena de Ferrol do seculo XVIII, declarado ben de interese cultural.
Como a queremos redebuxar a imaxe, o proceso é o inverso. O primeiro que temos que facer é atopar o punto de fuga da perspectiva.
O punto de fuga é o lugar no que converxen as arestas e liñas dos laterais dos volumes.
A liña de horizonte a situamos sobre o punto de fuga.
Deste xeito, xa teriamos encaixada a perspectiva da rua e as fachadas dos edificios.
A perspectiva central aparece en moitas imaxes e na seguinte galería recollense alguns exemplos