3.3 - Regras básicas de trazado
Os fundamentos deste tipo de perspectivas resúmense nos seguintes puntos:
-A perspectiva de calquera segmento ou aresta dun corpo que se atope no plano do cadro estará en verdadeira magnitude. Só no plano do cadro tomaranse as medidas reais ou as da escala do debuxo.
-Todas as rectas paralelas ao plano do cadro teñen a súa perspectiva paralela a devandito plano.
Así, na perspectiva frontal, as caras dos obxectos a representar que se sitúen paralelas á liña de terra serán semellantes simplemente ampliandose ou reducindose segundo se alexen ou aproximen ao espectador.
-A perspectiva dunha figura paralela ao plano do cadro é semellante a dicha figura e se esta contida neste plano é igual. Así, na perspectiva frontal, as caras dos obxectos a representar que se sitúen paralelas ao plano do cadro son semellantes.
-As rectas perpendiculares ao plano do cadro foxen no punto principal P
-As rectas que forman 45º respecto do plano do cadro teñen o seu punto de fuga nos puntos de distancia D
-Todas as rectas paralelas entre se foxen a
un mesmo punto.
A silla coas medidas de enriba podemos representala en perspectiva conica central seguindo esas regras: