3.2 - Construción da perspectiva cónica central

1-Elección do punto de vista.


Considerando fixo o obxecto do que queremos determinar a súa proxección cónica, e sabendo que o plano do cadro quedase paralelo a unha das caras do obxecto, queda á nosa libre elección situar o punto de vista, e tamén fixar a distancia do observador respecto do obxecto e altura do punto de vista, ou o que é o mesmo a altura da liña de horizonte.


2-Perspectiva de figuras planas.

2.1 Se a figura plana que queremos representar esta situado dentro do plano do cadro PC, mantén a súa forma e dimensións.

Por contra se a figura é plana e situase perpendicular ao PC, coma neste caso o cadrado de vertices ABCE. Coménzase por trazar colocar o lado AB en verdadeira magnitude e na posición axeitada.

Dende os vértices A e B trázanse dúas rectas que converxen no punto de fuga PF, que coincide co principal P.

 

2.2 A medición dos lados en profundidade determínase por medio de diagonais que, por formar angulos de 45º cos lados do cadro, terán como orixe os puntos de distancia D1 e D2, que se utilizan como puntos de medición.

2.3 O cadrado complétase trazando polos puntos de intersección determinados anteriormente C e E, rectas paralelas á aresta inicial.

Deste xeito, o cadrado debuxado en perspectiva apréciase como un trapecio.

 

3-Perspectiva de volumes.

3.1 Para construír volumes, por exemplo un cubo, nas perspectivas centrais compre apoiar unha das súas caras no PC.

3.2 A base do cubo construese coma un cadrado plano apoiado na LT e a altura tómase en verdadeira magnitude a partir de rectas verticais que parten dos vértices do cadrado situados tamén na LT.

3.3 Con rectas verticais dende A e E e horizontais dende H e G, pechamos as caras do cubo. Neste caso representamos finalmente o cubo aberto, e dicir, sen as caras frontal e posterior.

 

3.4 Para rematar, indicar que para obter un resultado axeitado do volume, recoméndase que a separación entre o punto de vista e o plano do cadro sexa de 1,5 a 2 veces o ancho da figura representada, tal como se fixo neste caso.