2.2 - Elementos da perspectiva cónica

En todo sistema de representación interveñen unha serie de elementos xeométricos, planos, rectas e puntos, que teñen como misión servir de referencia ao sistema. Na perspectiva cónica os elementos son: Planos, rectas e puntos.

Todos estes elementos deben de quedar situados nun só plano, o do cadro. Para acadar isto, abátense sobre o plano do cadro tanto o plano xeometral como o plano de horizonte.

No seguinte esquema podemos ver os elementos xeometricos que interveñen en calquera perspectiva cónica.

 

Puntos. A maioría situados na perspectiva sobre a liña de horizonte.

Punto de Vista (V): É o ollo do observador e o centro do cono de proxección.

Punto Principal (P): É o punto de intersección da perpendicular trazada desde o punto de vista ata o plano do cadro. Este punto atópase sobre a LH.

Punto de Fuga (PF): O punto onde converxen as liñas perpendiculares ao plano onde se situa o observador

Puntos de Distancia (PD): Son os puntos métricos para as rectas perpendiculares ao plano do cadro. Estes puntos son os puntos de fuga das rectas que formen 45º co plano do cadro

Na perspectiva central o punto de vista seria tamen o punto onde converxen as liñas perpendiculares ao plano onde se situa o observador, é dicir, coincide co punto de fuga.

Os puntos de distancia son fundamentais na perspectiva central xa que nos axudan a determinar a profundidade do obxecto en perspectiva.

 

Planos. Están dispostos ortogonalmente

Plano do cadro (PC) Denominado tamén plano do debuxo. É a superficie vertical sobre a que se efectúa a representación. Os raios proyectantes inciden nel e poderiamos consideralo como o plano transparente de debuxo.

Plano Geometral (PG) É un plano perpendicular ao do cadro, equivale ao chan, sobre o que xeralmente se apoian os obxectos que se representan, e sobre o que, por norma, está situado o observador.

Plano do Horizonte (PH) Este plano é paralelo ao geometral e está situado á altura dos ollos do observador. É o plano que contén os elementos de referencia, puntos e rectas imprescindibles para a obtención da perspectiva.

Liñas. Están dispostos de xeito paralelo.

Liña de Terra (LT) É a intersección dos planos geometral e do cadro.

Liña de Horizonte (LH) É a intersección dos planos de horizonte e do cadro. Coincide coa liña de horizonte natural, e por exemplo cando na perspectiva aparece o mar ou unha gran chaira seria a liña que separa estas superficies planas do ceo

Distancias. Son datos que determinan a altura de L.H respecto da LT ,a posición do punto de vista e dos planos do cadro e horizontal.

Distancia Principal: A distancia desde o punto de vista (V) ao plano do cadro, está definida pola separación entre o punto principal P e V.

Altura do Horizonte: A distancia desde o punto de vista (V) ao plano xeometral, é xa que logo a distancia que hai entre a LH e a LT.