2.1 - Introdución
A perspectiva cónica é o sistema de representación plana
mais próximo a visión real, tanto dos espazos urbanos e arquitectónicos, coma
dos volumes e corpos
tridimensionais. O dominio desta perspectiva é a base para calquera
representación real do mundo que nos rodea, e dicir, e a base para representar os
espazos e obxectos tal coma os vemos ou como queda reflexado nunha fotografía.
Polo tanto, a perspectiva cónica é o método
de representación mais real da distancia, o relevo e a profundidade nun soporte plano.
De
forma simplificada, e como primeiro achegamento a este metodo, poderiamos dicir
que esta perspectiva baséase no feito de que cando miramos un grupo de liñas
que se afastan de nós, estas non se manteñen paralelas senón que tenden a
converxer no infinito ou na lonxania. O punto onde converxen chámase punto de
fuga e este situase na denominada liña de horizonte, que se situaria á altura
dos nosos ollos, sendo nós os observadores e estando situados sobre o plano do
chan ou xeometral.
Podemos
recoñecer intuitivamente en calquera perspectiva ou foto: puntos, lineas e
planos que é necesario coñecer de forma mais exacta para desenvolver xeometricamente
este metodo