1. INTRODUCCIÓN 1.1 ¿Por que xurde a idea deste proxecto? Este traballo é unha reflexión sobre o uso das tecnoloxías da información e da comunicación (TIC), como medio para a aprendizaxe a lingua inglesa en Educación Primaria. Ata agora sempre traballei en colexios públicos, en entorno rural, no interior de Galicia, con poucos alumnos e xeralmente tamén poucos recursos. Fai catro anos que me decidín a empezar, timidamente, a introducir algunhas actividades que requirían que os nenos empregaran o ordenador. Non tiña aula de informática no edificio de primaria pero, vantaxes dos CPIs, permitíaseme acudir á aula de informática do edificio de secundaria. Isto era realmente molesto porque acurtaba moito o tempo da sesión, esixía estar no último posto da lista dos que queriamos acudir a esa aula e ter moi pouco control sobre como ía funcionar a sesión, ao estaren os ordenadores baixo a supervisión de non se sabía moi ben quen. Con todo, os nenos e nenas estaban sempre preguntando: “¿Cando imos a informática?”. Todos, sen excepción, querían facer actividades cos ordenadores, a pesar de tódolos pesares. Agora, durante este curso conseguimos reunir sete ordenadores, para uso dos alumnos de primaria, situados nunha aula do noso edificio, que nos permiten empregalos cando queiramos sen perdas de tempo nin riscos innecesarios. Por tanto, agora preciso de materiais axeitados para a área de
Inglés e que permita o aproveitamento destes novos recursos. |