2. OBXECTIVOS
Elaborar material, baseado no uso das novas tecnoloxías da información
e comunicación, para o ensino do Inglés en Primaria, como
lingua estranxeira.
Este material elaborado tentará conseguir os seguintes finalidades:
• Sacar partido ós recursos tecnolóxicos do centro
para a posta en practica e o análise de materiais creados.
• Empregar ferramentas informáticas sinxelas e de fácil
manexo, que non requiran demasiada memoria nin velocidade de conexión,
co fin de que podan ser empregadas con facilidade en outros centros i
en outras circunstancias, e doadas de “transportar”, tanto
física como metaforicamente, é dicir, que se adapten facilmente
a outros centros, libros de texto, etc.
• Acercar as novas tecnoloxías a nenos dunha zona que non
conta cunha maioría de fogares con conexión a internet,
en parte debido ás características da telefonía no
medio rural. En este senso, para moitos comprobei que era a súa
primeira vez traballando cun ordenador.
• Experimentar as posibilidades que ten a informática como
ferramenta de traballo, de estudio, de busca de información, de
comunicación e de aprendizaxe de linguas, especialmente cando se
trata dunha tan empregada neste soporte como é o inglés.
• Buscar un emprego do idioma e a tecnoloxía como vehículos
de comunicación con outros nenos ou nenas.
• Facer unha recompilación de páxinas útiles
para o ensino do inglés en Primaria, tanto para o seu uso na aula
de informática como para a preparación de materiais e actividades
para a aula de inglés.
• Aproveitar a capacidade motivadora das novas tecnoloxías
para traballar aspectos da materia que frecuentemente son duros de traballar
na aula (especialmente no que se refire á iniciación gramatical,
escritura,etc).
• Adaptarse ao ritmo de traballo dos alumnos con NEEs.
• Buscar a variedade de formas de aprendizaxe mediante o emprego
de diferentes formas de traballo, estímulos, etc.
• Os materiais elaborados deberán poder usarse plenamente
integrados no resto do traballo da área, sendo en ocasións
un apoio máis, en outras un reforzo, unha ampliación, ou
simplemente unha actividade máis para traballar a lingua estranxeira.
• Adaptarnos, en fin, ás esixencias da educación no
momento actual, que indubidablemente demandan unha maior formación
nas novas tecnoloxías.
ARRIBA
INICIO
|