Saltar navegación

3. Guía de uso

Taller ArTeMática

O REA "Taller ArTeMática" traballa os sentidos espacial e socioafectivo, que corresponden ao curso de 3º da ESO.

O fío condutor é o traballo nun taller de artesanía galega. O alumnado analizará obxectos de artesanía para aprender a distinguir os movementos e realizarán o deseño de varios produtos (caixas de agasallo, rosetóns, marcapáxinas...) nos que terá que empregar movementos concretos. Aplicará todo o aprendido para o deseño dunha xoia da amizade que terá varias pezas idénticas (unha para cada estudante do equipo), que encaixarán perfectamente formando unha única xoia conxunta.

O REA ten cinco fases ben diferenciadas:

  1. Descrición: "ArTeMática"
  2. Exploración: "Geometría heredada"
  3. Conexión: "Creando una marca"
  4. Reto final: "Vuestra creación"
  5. Conclusión: "Vuestra feria de artesanía"

Na fase 1 é onde se describe o reto a acadar (deseño da "Xoia da amizade") e tamén onde se crean os grupos de traballo. Esta fase é motivacional e integradora e está moi enfocada cara ao sentido socioafectivo.

Na fase 2 repásanse os principais coñecementos abordados en cursos anteriores sobre transformacións xeométricas e isometrías.

Na fase 3 estúdanse con profundidade os movementos coñecidos, translacións, xiros e simetrías e introdúcense novos contidos: o escorregamento e o mosaico. Todos os contidos introdúcense no contexto de artesanía. Preséntanse actividades de diferente complexidade, para resolver de xeito individual e grupal.

Na fase 4 ponse en práctica todo o aprendido no deseño de da "Xoia da amizade".

Na fase 5 ponse en valor o aprendido compartíndoo con toda a clase na feira de artesanía.

O substrato do REA

A idea do REA é traballar a competencia matemática proporcionando ao alumnado situacións reais, variadas, nun contexto artesanal, nos que a xeometría apareza como un instrumento útil e potente para modelar e analizar a realidade. 

A intención das persoas elaboradoras do REA é a de visualizar a conexión entre matemáticas e realidade, fomentar a creatividade, a análise crítica e o traballo en equipo.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)