Temporalización do REA
Esta situación de aprendizaxe está pensada para desenvolver en 12 sesións, no terceiro trimestre.
Engloba os aspectos curriculares dos temas "Movementos no plano" (11 sesións) e o transversal "Matemáticas para a vida en sociedade" (1 sesión).
A continuación, inclúese unha estimación da temporalización recomendada para cada fase deste recurso:
| Fase | Seccións | Descrición do traballo a desenvolver | Temporalización |
|---|---|---|---|
|
Descrición da situación de aprendizaxe: 1. ArTeMática |
1. ArTeMática 1.1. Quien tiene un amigo tiene un tesoro |
Sesión inicial onde se formula o reto final, os obxectivos do REA e introdúcese ao alumno/a no contexto do REA, o taller artesán. Descríbese a estrutura dos equipos e complétase a primeira entrada do diario de aprendizaxe. |
1 sesión |
|
Exploración de coñecementos previos: 2. Geometría heredada |
2. Geometría heredada 2.1. Movimiento artesanal 2.2. Símbolos celtas |
Sesións para recordar os coñecementos previos necesarios para afrontar este REA: transformacións xeométricas e movementos. Inclúese unha actividade multinivel ("Dibujando nudos sin perder el hilo") e unha grupal ("Aprendiendo a usar las herramientas"). Complétase a segunda entrada do diario de aprendizaxe. |
1 sesión |
|
Conexión: 3. Creando una marca |
3.1. Envoltorios artesanales |
Sesión na que se introducen os contidos de vectores e translacións e trabállanse problemas contextualizados de translacións. Inclúense unha actividade interactiva de consolidación de contidos ("Las mariposas se trasladan") e unha actividade de GeoGebra de construción creativa dunha caixa de agasallo ("Construye tu caja de regalo"). |
1 sesión |
|
3.2. Pétalos de creación propia |
Sesión na que se introducen os contidos de xiros e trabállanse problemas contextualizados de xiros. Inclúense dúas actividade GeoGebra de consolidación de contidos ("Diseños en movimiento" e "Analizando cenefas"), unha actividade grupal de creación creativa de rosetóns utilizando xiros ("Decorando rosetones"). |
1 sesión |
|
|
3.3. Elegancia en el espejo |
Sesión na que se introducen os contidos de simetrías e trabállanse problemas contextualizados de simetrías. Inclúense actividades de reflexión sobre a composición de simetrías ("Dos pasos..., ... un resultado") e unha actividade de identificación de simetrías en obxectos en contextos reais ("El equilibrio del Camino"). |
1 sesión |
|
|
3.4. Decoración en movimiento |
Sesión na que se realizará unha actividade multinivel de movementos ("Decoración en movimientos"). |
1 sesión |
|
|
3.5. Movimiento en tus manos |
Sesión na que se introducen os contidos relacionados con escorregamentos e trabállanse problemas contextualizados de escorregamentos. Inclúense unha actividade de atopar eixe de simetría e vector de translación dun escorregamento ("Analizando deslizamientos") e unha actividade de construción creativa dun marcapáxinas empregando escorregamentos ("Diseña tu marcapáginas"). |
1 sesión |
|
|
3.6. Rompiendo el nudo |
Sesión na que se introducen os contidos de mosaicos e trabállanse problemas contextualizados de mosaicos. Inclúese unha actividade para practicar varias técnicas de creación de mosaicos necesarias para poder realizar o reto final. Complétase a terceira entrada do diario de aprendizaxe |
1 sesión |
|
|
Reto Final: 4. Vuestra creación |
4. Vuestra creación 4.1. El valor de vuestra joya |
Sesións para realizar o reto final: Realízase o primeiro bosquexo individual en papel e decídese entre as persoas do grupo cal vai ser o da "Xoia da amizade". Deséñase a xoia con GeoGebra e créase unha imaxe vectorial compatible coa cortadora láser. Realízase a memoria de traballo e prepárase a presentación. Complétase a cuarta entrada do diario de aprendizaxe. |
3 sesións |
|
Conclusión e avaliación: 5. Vuestra feria de artesanía |
5. Vuestra feria de artesanía |
Sesión de presentación das xoias elaboradas. Avaliación do reto final e recapitulación dos contidos aprendidos. Complétase a última entrada do diario de aprendizaxe. |
1 sesión |