Temporalización do REA
Este REA está deseñado para desenvolverse en 12 sesións. A proposta é que se imparta no segundo trimestre.
Na seguinte táboa hai unha estimación da temporalización recomendada para cada fase deste recurso.
|
Fase |
Seccións |
Descrición do traballo a desenvolver |
Temporalización |
|---|---|---|---|
|
1. Grúas de papel |
1.1. A pomba da paz 1.2. O reto 1.3. Aves migratorias 1.4. Diario de aprendizaxe |
Motivar o alumnado para afrontar o reto final "creación dunha instalación" que formará parte do segundo espazo do museo. Acercamento ao fío condutor: a cultura xaponesa. Inicio do concepto de migración. |
2 sesións |
|
2. Facendo a equipaxe |
2.1. A familia, a amizade e o amor 2.2. As regras da convivencia 2.3. Diario de aprendizaxe |
Activar os coñecementos previos relacionados co ser humano como ser social, partindo de conceptos próximos como os tipos de familia e a amizade relacionándoo cos tipos de familia. Recoñecemento de dereitos e deberes no seu entorno: casa e escola. |
2 sesións |
|
3. O camiño da paz |
3.1. Os dereitos humanos 3.2. O respecto á diversidade 3.3. A democracia e as ONG 3.4. Diario de aprendizaxe |
Adquirir o concepto de dereitos humanos a través da declaración universal dos dereitos humanos e a convención sobre os dereitos do neno, así como a súa aplicación práctica a través da procura de noticias relacionadas en xornais. Coñecer obras artísticas e persoas ilustres que loitaron ou reivindicaron a importancia da inclusión e respecto dos dereitos das persoas. Desenvolver unha capacidade crítica para analizar a situación actual das minorías e propoñer solucións para favorecer a súa inclusión na sociedade. Identificar ONG ou institucións de diferentes ámbitos. |
5 sesións |
|
4. Instalando desexos |
4.1. Artivismo 4.2. A nosa maleta 4.3. Diario de aprendizaxe |
Desenvolver o reto proposto: composición grupal da instalación no museo. |
2 sesións |
|
5. O noso museo |
5.1. Autoavaliación 5.2. Rúbrica 5.3. Diario de aprendizaxe |
Reflexionar sobre o traballo realizado e sobre o aprendido durante o proceso. Autoavaliación do reto e coavaliación dos diferentes grupos. |
1 sesión |