Saltar navegación

2. Contextualización curricular

Contextualización do REA na programación de materia

Este Recurso Educativo Aberto inscríbese na proposta global de cREAgal para a materia de Lingua Galega e Literatura, orientada ao deseño de situacións de aprendizaxe competenciais, inclusivas e contextualizadas, que integran lectura, reflexión lingüística, creación artística e pensamento crítico. O REA responde aos principios do proxecto cREAgal ao fomentar a participación activa do alumnado, a accesibilidade aos contidos e a transferencia da aprendizaxe a contextos reais e significativos.

No marco da programación modelo de Proens, este REA desenvolve os contidos e criterios de avaliación correspondentes á unidade didáctica centrada nos textos xornalísticos e na produción escrita, contribuíndo á adquisición progresiva das competencias comunicativas propias do nivel.

A proposta articúlase arredor da creación dun boletín informativo cultural e culmina nun reto final no que o alumnado, organizado como unha redacción xornalística, elabora de maneira cooperativa un medio de difusión real. Neste proceso, aplican os coñecementos adquiridos sobre tipoloxías textuais, uso da lingua e tratamento da información, reforzando así a coherencia entre currículo, metodoloxía e avaliación.

Este REA (Recurso Educativo Aberto) forma parte dun conxunto de 6 REA, unha proposta global para a materia de LGL (Lingua Galega e Literatura) de 2º da ESO do proxecto cREAgal para conter as 9 UD (Unidades Didácticas) recollidas da programación modelo de Proens vixente ao curso 2025 – 2026.

A distribución do conxunto de REA da materia de LGL de 2º da ESO respecta a temporización por trimestre e a secuencia de UD da programación modelo Proens. Ademais, a proposta de emparellar dúas UD en algún REA de cada trimestre respecta os elementos curriculares da programación modelo Proens vixente.

Programación modelo de Proens curso 2025-2026 en formato PDF

Relación dos REA coa programación modelo de Proens

Número de REA e título Unidade/s didáctica/s (Proens) Criterios de avaliación traballados % (Orientación de Proens) Temporalización
REA 1: “Lecturas compartidas” UD 1 “O longueirón” + UD 2 “O lucecú” CA1.1 — CA2.1 — CA3.2 — CA3.7 — CA4.1 — CA2.3 — CA3.1
CA1.1 — CA2.1 — CA2.6 — CA3.1 — CA3.2 — CA4.1 — CA2.3 
10 + 10 1º Trimestre
REA 2: “A praza das linguas“ UD 3 “O papagaio” CA1.1 — CA1.2 — CA2.3 — CA3.2 — CA3.4 — CA4.1 15 1º Trimestre
REA 3: “Quen ten boca, ten un pódcast!” UD 4 “O lagostino” + UD 5 “A toupa” CA2.1 — CA2.2 — CA3.7 — CA4.1 — CA4.5 — CA2.4 — CA2.5 
CA2.1 — CA4.1 — CA4.4 — CA2.2 — CA2.8 — CA2.10 — CA3.6 
10 + 10 2º Trimestre
REA 4: “Operación viñeta!“ UD 6 “A cegoña” CA2.1 — CA3.1 — CA3.3 — CA3.5 — CA3.9 — CA4.2 — CA4.3 15 2º Trimestre
REA 5: “Ícaras: voa sen medo a caer!” UD 7 “A andoriña” CA2.1 — CA3.1 — CA3.2 — CA3.7 — CA3.8 — CA4.1 — CA1.2 15 3º Trimestre
REA 6: “Onde hai noticia?“ UD 8 “A vacaloura” CA2.1 — CA2.2 — CA2.3 — CA2.4 — CA2.7 — CA2.9 — CA4.1 15 3º Trimestre

Eixes da proposta didáctica

Esta proposta didáctica inscríbese nos eixes fundamentais da materia de Lingua Galega e Literatura de 2º da ESO e articúlase arredor dos seguintes principios:

  • A comprensión lectora, a través da análise e interpretación de distintos textos xornalísticos (noticias, crónicas, entrevistas, recensións…), identificando o seu sentido global, a intención comunicativa e a súa estrutura.
  • A expresión oral, escrita e multimodal, mediante a elaboración cooperativa dun boletín informativo cultural, empregando a lingua galega como vehículo principal de comunicación.
  • O tratamento da información, baseado na busca, selección e organización de contidos relevantes, desenvolvendo unha actitude crítica e responsable ante as fontes.
  • A creatividade, aplicada á produción de contidos propios (entrevistas, recomendacións, seccións culturais), entendendo a comunicación como unha ferramenta de participación social.
  • O pensamento crítico, orientado á análise da realidade próxima (vida escolar e contorna), así como ao uso consciente, rigoroso e respectuoso da linguaxe.

Así mesmo, esta situación de aprendizaxe contribúe ao desenvolvemento dos seguintes Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS):

  • ODS 4. Educación de calidade, promovendo unha aprendizaxe competencial, inclusiva e significativa, baseada na participación activa do alumnado e no traballo cooperativo.
  • ODS 10. Redución das desigualdades, fomentando o uso dunha linguaxe inclusiva e respectuosa, así como a visibilización da diversidade social e cultural no boletín.
  • ODS 11. Cidades e comunidades sostibles, ao promover o coñecemento e a difusión da oferta cultural da contorna, fortalecendo o vínculo entre o centro educativo e a comunidade.
  • ODS 16. Paz, xustiza e institucións sólidas, desenvolvendo unha cidadanía crítica e informada, capaz de comunicar con responsabilidade, contrastar información e participar na vida comunitaria.

Deste xeito, o boletín cultural convértese non só nun produto final, senón nunha ferramenta educativa para comprender, interpretar e transformar a realidade próxima.

Contidos, obxectivos específicos e competencias clave

Na programación didáctica de referencia publicada en Proens para a materia de Lingua Galega e Literatura de 2º da ESO, este REA contextualízase na unidade didáctica 8, "A vacaloura", impartida no terceiro trimestre segundo a secuenciación establecida na programación modelo.

Contidos Bloque
  • Xéneros discursivos vinculados ás estratexias de produción, comprensión e análise crítica de textos orais, escritos e multimodais de diferentes ámbitos.
  • Procesos desde o punto de vista da produción, comprensión e análise crítica de textos orais, escritos e multimodais.
  • Comprensión lectora: sentido global do texto e relación entre as súas partes. A intención do emisor. Detección de usos discriminatorios da linguaxe verbal. Os abusos de poder e a manipulación a través da linguaxe. 
  • Produción escrita: planificación, textualización, revisión e edición en diferentes soportes. Corrección gramatical e ortográfica. Propiedade léxica. Usos da escritura para a organización do pensamento: toma de notas, esquemas, mapas conceptuais e resumos.
Comunicación
  • Recoñecemento e uso discursivo dos elementos lingüísticos en textos orais, escritos e multimodais. 
  • Recursos lingüísticos para adecuar o rexistro á situación de comunicación.
  • Mecanismos de cohesión. Conectores textuais temporais, explicativos, de orde e de contraste. Mecanismos de referencia interna gramaticais (substitucións pronominais e adverbiais) e léxicos (repeticións, sinónimos, hiperónimos e elipses).
  • Elaboración de conclusións propias sobre o funcionamento do sistema lingüístico cunha linguaxe específica a partir da observación, comparación e clasificación de unidades comunicativas e do contraste entre linguas.
 
Reflexión sobre a lingua

Obxectivos Descrición
OBX 2 Comprender e interpretar textos orais e multimodais recollendo o sentido xeral e a información máis relevante, identificando o punto de vista e a intención do emisor e valorando a súa fiabilidade, a súa forma e o seu contido, para construír coñecemento, formar opinión e ampliar as posibilidades de gozo e de lecer.
OBX 3 Producir textos orais e multimodais con coherencia e fluidez e co rexistro adecuado, atendendo ás convencións propias dos diferentes xéneros discursivos, e participar en interaccións orais con actitude cooperativa e respectuosa, tanto para construír coñecemento e establecer vínculos persoais como para intervir de maneira activa e informada en diferentes contextos sociais.
OBX 5 Producir textos escritos e multimodais coherentes, cohesionados, adecuados e correctos atendendo ás convencións propias do xénero discursivo elixido, para construír coñecemento e para dar resposta de maneira informada, eficaz e creativa a demandas comunicativas concretas.
OBX 9 Mobilizar o coñecemento sobre a estrutura da lingua e os seus usos e reflexionar de maneira progresivamente autónoma sobre as eleccións lingüísticas e discursivas, coa terminoloxía axeitada, para desenvolver a conciencia lingüística, aumentar o repertorio comunicativo e mellorar as destrezas tanto de produción oral e escrita como de recepción crítica.

Competencias clave Clave dos descritores operativos
Competencia en comunicación lingüística (CCL) CLL 1, CLL 2, CLL 3, CLL 5
Competencia matemática e competencia en ciencia, tecnoloxía e enxeñaría (STEM) STEM 1, STEM2
Competencia dixital (CD) CD 2, CD3 
Competencia emprendedora (CE) CE 1
Competencia persoal, social e de aprender a aprender (CPSAA) CPSAA 4, CPSAA 5 
Competencia cidadá (CC) CC 2, CC 3 
Competencia en conciencia e expresións culturais (CCEC)
Competencia plurilingüe (CP) CP 2

Feito con eXeLearning (Nova xanela)