Saltar navegación

2. Contextualización curricular

Contextualización do REA na programación de materia

Este REA é o número 4 dentro dos 4 que cobren integramente o currículo da materia de Música de 2.º da ESO. A referencia para a súa elaboración foi o modelo de programación didáctica de Proens (versión 2 do 13/05/2025).

A proposta de traballo cREAgal para a materia baséase nunha organización metodolóxica centrada en proxectos competenciais, que combina unidades didácticas de contido máis teórico con outras de carácter práctico. Isto supón unha redistribución temporal das unidades didácticas previstas na programación anual modelo de Proens, aspecto que o profesorado debe ter en conta. Esta adaptación non modifica nin os contidos nin os criterios de avaliación establecidos na programación orixinal.

A avaliación de cada REA realízase segundo os pesos das unidades didácticas que inclúe. Dentro de cada REA, os criterios de avaliación avaliables mediante TI (Táboas de indicadores) manteñen os pesos prorrateados da proposta Proens. As probas escritas non se incorporan nos REA.

A nova secuenciación de unidades non altera a avaliación global da materia. O peso total de cada unidade didáctica continúa sendo o mesmo, e os criterios de avaliación aplícanse coas mesmas proporcións. A avaliación trimestral segue o método de cálculo da programación modelo Proens, é dicir, a media ponderada das unidades impartidas e o prorrateo das que continúan entre trimestres.

Así, o profesorado que empregue os REA de cREAgal para impartir Música en 2.º de ESO só deberá axustar as celas correspondentes aos trimestres das unidades na programación modelo de Proens.

Esta proposta cREAgal non modifica o sistema de avaliación establecido no modelo de Proens, senón que reorganiza pedagoxicamente o proceso para integrar mellor a parte teórica e a práctica, reforzando o enfoque competencial da materia.

Relación dos REA coa programación modelo de Proens

Número de REA e título Unidade/s didáctica/s (Proens) Criterios de avaliación traballados % (Orientación de Proens) Temporalización
REA 1: "Ruído en acción" UD 1 Parámetros do son: ruído, música e silencio
UD 2 Elementos rítmicos e melódicos: duración e altura
UD 9 A improvisación na música e na danza: improvisación libre e guiada, introdución ao jazz
CA1.3, CA1.4, CA2.1, CA2.2, CA2.3, CA2.4, CA3.4  5%+ 10%+ 10% = 25% 1.º trimestre
REA 2: "Unha viaxe polo mundo: creando un conto musical intercultural" UD 3 Harmonía: introdución aos acordes básicos
UD 6 A voz: produción do son, clasificación das voces e agrupacións vocais. Técnicas de canto. Timbre II
UD 8 Música e danzas de España e do mundo
CA1.2, CA1.3, CA2.3, CA2.4, CA2.5, CA3.1, CA3.2, CA3.3 5%+ 10%+ 10% = 25% 1.º- 2.º trimestre
REA 3: "Foliada virtual" UD 4 Texturas e formas musicais
UD 7 Música e danza en Galicia: desde o tradicional ata a actualidade
UD 12 Música en vivo: son músico e son público
CA1.1, CA3.2, CA1.3, CA1.4
CA3.2, CA3.5, CA2.7, CA3.1, CA3.6
CA2.3, CA2.4, CA2.5, CA2.6, CA3.3, CA3.4, CA3.6
10%+ 10%+ 5% = 25% 2.º- 3.º trimestre
REA 4: "A banda sonora da túa vida" UD 5 Instrumentos da tradición musical occidental Europea: Timbre I
UD 10 Música popular urbana, medios de comunicación e cine
UD 11 Música e tecnoloxía: ferramentas dixitais de edición, recepción e creación
CA1.1, CA3.2, CA1.2, CA2.3, CA3.1
CA1.1, CA2.4, CA2.6, CA3.3, CA3.4, CA3.6
CA1.3, CA2.6, CA3.4
10%+ 10%+ 5% = 25% 3.º trimestre

Eixes da proposta didáctica

Esta proposta didáctica de Música para 2.º de ESO baséase nas seguintes liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe:

  • Situar a práctica como motor de aprendizaxe, priorizando o enfoque de "aprender facendo" para que o alumnado experimente a música de xeito directo.
  • Fomentar unha aprendizaxe construtiva onde os contidos se traballan e amplían progresivamente ao longo do recurso para construír coñecemento.
  • Impulsar a formación dun público crítico, sendo o alumnado quen valore a calidade das producións musicais e os medios de comunicación dende a experiencia de "ser músico".
  • Valorar a identidade e o patrimonio cultural, poñendo o foco no contexto galego e na súa interrelación con tradicións de todo o mundo nun contexto globalizado.
  • Desenvolver a creatividade, empregando a voz, o corpo, os instrumentos e as ferramentas tecnolóxicas como canles para a improvisación e a creación.
  • Integrar a interdisciplinariedade e os valores transversais, conectando a música con áreas como as Matemáticas, ou a Tecnoloxía.
  • Empregar a tecnoloxía de xeito consciente, utilizándoa como unha ferramenta para a recepción, edición e creación musical, á vez que facilita o traballo cooperativo.
  • Promover a experiencia no escenario, deseñando actividades que reforcen a autonomía, a perseveranza e o compromiso a través da interpretación en público.

Relación cos Obxectivos da axenda 2030 para o desenvolvemento sostible:

  • ODS 4 (Educación de calidade): desenvolver a competencia dixital e mediática mediante a análise, creación e edición de contido sonoro orixinal.
  • ODS 10 (Redución das desigualdades): fomentar o diálogo interxeracional e a empatía ao conectar os hábitos de consumo musical da mocidade coas experiencias das persoas maiores.
  • ODS 11 (Cidades e comunidades sostibles): valorar e difundir o tecido asociativo local e o patrimonio cultural inmaterial a través da investigación e a creación de anuncios sociais.

Contidos, obxectivos específicos e competencias clave

Este REA contextualízase nas seguintes unidades didácticas: UD 5 "Instrumentos da tradición musical occidental Europea: Timbre I", UD 10 "Música popular urbana, medios de comunicación e cine" e UD 11 "Música e tecnoloxía: ferramentas dixitais de edición, recepción e creación" en relación coa programación didáctica publicada en Proens para a materia de música de 2.º da ESO.

Esta situación de aprendizaxe é proposta para traballala no terceiro trimestre, como unidade final. Ademais, englóbase fundamentalmente nos bloques de contidos B1. Escoita e percepción, B2. Interpretación, improvisación e creación escénica e Bloque B3. Contextos e culturas.

A continuación detállanse os contidos traballados dentro do recurso:

Contidos Bloque da materia
  • C1.4 - Obras musicais e dancísticas características do patrimonio cultural e musical galego, español ou do mundo: análise, descrición e valoración dos seus trazos básicos.
  • C1.5 - Compositoras e compositores, artistas, intérpretes e agrupacións internacionais, nacionais, rexionais e locais, con especial atención aos da Comunidade Autónoma de Galicia.
  • C1.7 - Ferramentas dixitais para a recepción musical: diferentes soportes audiovisuais.
  • C1.8 - Normas de comportamento básicas na recepción musical: respecto e valoración.

Bloque 1

Escoita e percepción

  • C2.3 - Repertorio vocal, instrumental ou corporal, individual ou grupal, de distintos tipos de música do patrimonio musical propio e doutras culturas.
  • C2.4 - Técnicas básicas para a interpretación: técnicas vocais, instrumentais e corporais, técnicas de estudo e de control de emocións.
  • C2.7 - Ferramentas dixitais para a creación musical: manexo de secuenciadores e editores de partituras.

Bloque 2

Interpretación, improvisación e creación escénica

  • C3.1 - A voz e os instrumentos: clasificación xeral por familias e características. Principais agrupacións musicais.
  • C3.5 - Músicas populares, urbanas e contemporáneas: análise, interpretación e creación dun proxecto propio baseado nos estilos estudados.
  • C3.6 - O son e a música nos medios audiovisuais e as tecnoloxías dixitais.

Bloque 3

Contextos e culturas

Tendo en conta o anterior, este recurso céntrase principalmente nos seguintes obxectivos da materia:

Obxectivos Descrición
OBX 1 Analizar obras de diferentes épocas e culturas identificando as súas principais características estilísticas e establecendo relacións co seu contexto, para valorar o patrimonio musical e dancístico como fonte de gozo e de enriquecemento persoal.
OBX 3 Interpretar pezas musicais e dancísticas xestionando adecuadamente as emocións e empregando diversas estratexias e técnicas vocais, corporais ou instrumentais, para ampliar as posibilidades de expresión persoal. 
OBX 4 Crear propostas artístico-musicais, de xeito individual ou grupal, empregando a voz, o corpo, instrumentos musicais e ferramentas tecnolóxicas para potenciar a creatividade e identificar oportunidades de desenvolvemento persoal, social, académico e profesional. 
OBX 5 Coñecer, valorar e respectar o patrimonio artístico e musical de Galicia e da contorna, a través das achegas relevantes na cultura e na sociedade galegas, para apreciar a importancia do noso acervo dentro dos procesos de globalización.

A continuación inclúense os descritores das competencias clave estipuladas pola normativa traballadas neste recurso.

Competencias clave Clave dos descritores operativos
Competencia en comunicación lingüística (CCL) CCL1, CCL2, CCL3
Competencia plurilingüe (CP) CP2, CP3
Competencia matemática e competencia en ciencia, tecnoloxía e enxeñaría (STEM) STEM3
Competencia dixital (CD) CD1, CD2
Competencia persoal, social e de aprender a aprender (CPSAA) CPSAA1, CPSAA3
Competencia cidadá (CC) CC1
Competencia emprendedora (CE) CE1, CE3
Competencia en conciencia e expresións culturais (CCEC) CCEC1, CCEC2, CCEC3, CCEC4

Feito con eXeLearning (Nova xanela)