Saltar navegación

2.2. Temporalización

Temporalización do REA

Este REA está deseñado para levarse a cabo en 17 sesións e impartirse o terceiro trimestre.

Engloba os aspectos curriculares da unidade didáctica 5. Instrumentos da tradición musical occidental Europea: Timbre I, 10. Música popular urbana, medios de comunicación e cine e 11. Música e tecnoloxía: ferramentas dixitais de edición, recepción e creación da programación modelo de Proens para a materia de Música de 2.º da ESO.

A continuación inclúese unha estimación da temporalización recomendada para cada fase deste recurso.

Fase Seccións Descrición do traballo a desenvolver Temporalización
1. A banda sonora dos demais 1.1 A música dunha xeración

Sesión de motivación e presentación do reto a través dun conto como fío condutor.

Introdución ao reto

1 sesión
2. Sae da túa burbulla

2.1 Que emoción!

2.2 Partes dun pódcast

2.3. Castelos de area

Busca da relación entre música e emoción.

Análise das partes dun pódcast.

Activación de coñecementos previos sobre as partes dunha canción e o traballo de composición.

3 sesións
3. A playlist do teu día

3.1. O amencer

3.2. Ponlle nome ao que escoitas

3.3. Festas na vila!

3.4. No autobús música de alta voltaxe

3.5. Merendando entre guitarras e escaravellos

3.6. Deberes ao ritmo do Bronx

3.7. A revolución do son

Tipos de instrumentos e as súas familias.

As agrupacións instrumentais.

A evolución da orquestra.

Historia da música popular urbana. 

Relación entre a música e o cine.

Historia da evolución dos sistemas de gravación.

Pasos e consellos para gravar un audio.

Composición dunha sintonía para un pódcast ou programa de radio.

10 sesións
4. Arranca a gravación

4. Arranca a gravación

4.1. Guión e ensaio

Creación e gravación dun guión para un pódcast ou programa de radio 2 sesións
5. Publica o teu pódcast 5. Publica o teu pódcast Publicación e difusión do pódcast creado. 1 sesión

Feito con eXeLearning (Nova xanela)