A la conquista de la ciencia
O REA "A la conquista de la ciencia" trata de sentar as bases do método científico e da comprensión das propiedades da materia, así como da súa aplicación en contextos reais. A través do estudo do material de laboratorio, as normas de seguridade, as magnitudes e unidades, os cambios de estado e o comportamento dos gases, o alumnado desenvolverá as ferramentas necesarias para interpretar e explicar fenómenos do seu contorno. A integración destes coñecementos posibilita que o alumnado elabore un plan de conquista fundamentado cientificamente. O recurso promove un enfoque competencial próximo á realidade do alumnado, construíndo unha situación de aprendizaxe motivadora e conectada coa súa vida persoal e social.
Os diferentes bloques do REA están pensados tendo en conta o DUA, presentado diferentes versións da información de xeito que diversificamos o acceso á información en diferentes formatos e niveis, tentando chegar ó maior número de realidades individuais de noso alumnado.
Preténdese que o alumnado coñeza e asimile de forma razoada os distintos cambios que se poden dar, as súas diferenzas máis notables e consecuencias, apoiándose no desenvolvemento dunha situación de aprendizaxe que afonde no análise de distintas problemáticas da realidade evitando así unha aprendizaxe memorística.
En concreto, o REA inclúe cinco fases ben diferenciadas co fío condutor da elaboración dun plan de conquista do Imperio romano en Gallaecia, acompañado da correspondente xustificación científica.
Na primeira fase "La ciencia sostiene Galicia" descríbese o reto a acadar, a realización dun plan de conquista no que se inclúan aspectos relativos a enxeñaría das pontes, metalurxia imperial, loxística de subministracións ou o campamento relacionando co traballo co método científico e a materia, así como a formación dos distintos grupos de traballo. Trátase dunha fase motivacional e integradora, moi enfocada cara o sentido socioafectivo.
Na segunda fase "Reconociendo el terreno" realízase un repaso dos coñecementos abordados nos cursos anteriores en relación coa ciencia, as magnitudes e os cambios de unidades contextualizando estes contidos na fase previa a unha conquista coa exploración do terreo e as necesidades de abastecemento dos campamentos.
Na terceira fase "Punto de partida" introdúcense os novos contidos como o método científico, o traballo e material de laboratorio, as propiedades da materia e a súa estrutura, as unidades do sistema internacional e os factores de conversión, a teoría cinético-molecular e as leis dos gases e a resolución de problemas contextualizados. Ademais esténdense a outros contidos como o desenvolvemento de estratexias de aprendizaxe, observación, análise e investigación.
Na cuarta fase "Plan de conquista" ponse en práctica todo o aprendido, polo que o alumnado debe ser quen de deseñar unha parte do informe de plan de conquista coa información dende o punto de vista científico dalgunha das temáticas propostas.
Na quinta fase "Presenta tu plan" ponse en valor o aprendido compartíndoo co resto da clase e abrindo a posibilidade de que algún destes informes poida axudar a que a comunidade escolar coñeza e respecte o patrimonio.