Saltar navegación

2.2. Temporalización

Temporalización do REA

Esta unidade levarase a cabo en 27 sesións e impartirase o primeiro trimestre.

Engloba os aspectos curriculares das unidades didácticas 1. A actividade científica e 2. A materia da programación modelo de Proens para a materia de Física e Química de 2.º da ESO.

A continuación inclúese unha estimación da temporalización recomendada para cada fase deste recurso.

Fase Seccións Descrición do traballo a desenvolver Temporalización

Descrición da situación de aprendizaxe

1. La ciencia sostiene Galicia

1.1. El avance estratégico.

Sesión de introdución e motivación sobre o reto.

Descríbese a formación de equipos e como se vai a abordar o reto.

Contén reflexións para anotar no diario de aprendizaxe de forma individual e grupal.

1 sesión

Exploración de coñecementos previos

2. Reconociendo el terreno

2.1. Ciencia para conquistar.

2.2. ¿Cómo llegar y construir?

2.3. Abastecer el campamento.

2.4. Equipo técnico romano.

2.1. Sesión para introducir conceptos xerais do tema (ciencia, medir...).

2.2. Sesión para conectar cos coñecementos previos. Recórdase o emprego do sistema métrico decimal (lonxitude e superficie) e introdúcense os múltiplos e submúltiplos.

2.3. Sesión para repasar o concepto de masa, volume e capacidade con actividades interactivas.

2.4. Sesión dedicada a realizar actividades interactivas para reforzar os conceptos iniciais do tema.

4 sesións

Conexión:

3. Punto de partida

3.1. El método frente al caos.

3.2. Los cimientos romanos.

3.3. El cuartel general.

3.4. Sellos de peligro.

3.5. Más que espadas.

3.6. Montando el campamento.

3.7. Los números del Imperio.

3.8. Un lío en metros, millas, kilómetros.

3.9. ¿De qué está hecha la conquista?

3.10. A por el oro.

3.11. Los tres estados del campamento.

3.12. Rompan filas.

3.13. Las termas romanas.

3.14. ¿Quién manda? 

3.15. Forjando la conquista.

Sesións con actividades nas que se desenvolven os seguintes contidos e procedementos:

3.1. Abórdase o estudo de Método científico e os seus pasos. Hai actividades variadas (interactivas, debate...) para consolidar os contidos vistos.

3.2. Introdúcense os conceptos de variable independente, dependente e controlada con actividades autocorrixibles.

3.3. Revísanse as normas de seguridade e hixiene no laboratorio.

3.4. Neste apartado aprendarán a recoñecer os pictogramas de seguridade e a ler unha etiqueta dun reactivo químico.

3.5. Apartado dedicado ao recoñecemento de material de laboratorio. Preséntanse diversas actividades interactivas para comprobar os coñecementos adquiridos polo alumnado. 

3.6. Apartado dedicado, fundamentalmente, ao Sistema Internacional de unidades. 

3.7. Neste apartado explícase o emprego da notación científica. 

3.8. Explícanse os cambios de unidades mediante factores de conversión.

3.9. Neste punto estúdanse as propiedades xerais e específicas da materia (masa, volume e densidade).

3.10. Apartado centrado no estudo da densidade con actividades interactivas (resolución de problemas e simulacións) para afianzar este concepto.

3.11. Neste punto repásanse os cambios de estado.

3.12. Apartado dedicado ao estudo da teoría cinética da materia.

3.13. Neste punto afóndase no estudo dos cambios de estado coas gráficas de quentamento e arrefriamento.

3.14. Iníciase o estudo do concepto da presión e as súas unidades.

3.15. Neste derradeiro punto abordamos o estudo das leis dos gases.

19 sesións

Reto final:

4. Plan de conquista

4. Plan de conquista

Proponse unha sesión para darlle forma case definitiva ao reto.

Contén reflexións para anotar no diario de aprendizaxe de forma grupal reforzando así a súa comprensión e a capacidade para aplicar as estratexias necesarias no reto final.

2 sesións

Conclusión e avaliación:

5. Presenta tu plan

 

5. Presenta tu plan

Esta sesión dedicarase á exposición do plan elaborado ao longo desta situación de aprendizaxe e á explicación do proceso levado a cabo por cada un dos equipos na aula.

1 sesión

Feito con eXeLearning (Nova xanela)