Todas as persoas suman: construíndo un mundo diverso
O presente REA presenta as principais características da economía e a evolución demográfica e social da Unión Europea, de España e de Galicia, ademais de afondar no coñecemento dos diferentes aspectos da igualdade de xénero e das sociedades multiculturais.
Como reto final levaranse a cabo unha serie de produtos finais, a través de diferentes ferramentas e formatos creativos, que axudan a analizar, comprender e presentar o funcionamento, a economía e a evolución demográfica e social da Unión Europea, de España e de Galicia. O coñecemento do contorno que habitamos é necesario para poder adaptarse a unha realidade multicultural e cambiante.
O REA segue o Deseño Universal de Aprendizaxe (DUA), proporcionando actividades multinivel, adaptadas a diferentes niveis de dificultade, e con lecturas facilitadas dos contidos explicados ao longo da unidade.
Os contidos deberán ser empregados na resolución dun reto final no que o alumnado deberá solucionar, a través dunha serie de produtos finais, adaptados ás diferentes capacidades e intereses do alumnado. A avaliación realizarase a través da rúbrica proporcionada, así como a mediante a retroalimentación a partir do Diario de aprendizaxe e das actividades propostas.
O obxectivo último é que a experiencia didáctica sexa motivadora e que o alumnado poida conectar os contidos da unidade coa seu contorno máis próximo, moi especialmente coa necesidade de aprender a vivir nunha sociedade máis xusta e igualitaria.