Temporalización do REA
Esta unidade levarase a cabo en 18 sesións (as das unidades 6 e 8) e, segundo a programación didáctica de referencia publicada en PROENS para a materia de "Xeografía e Historia" de 3º de ESO, englóbase no segundo trimestre.
A continuación inclúese unha estimación da temporalización recomendada para cada fase deste recurso:
| Fase | Seccións | Descrición do traballo a desenvolver | Temporalización |
|---|---|---|---|
| Fase 1. Abrindo a mente ao mundo | 1.1. Analizando a sociedade 1.2. Coñecemento e inclusión |
Actividades de motivación e presentación do reto final | 2 sesións |
| Fase 2. Un punto de partida | 2.1. A economía: facendo contas 2.2. A poboación: somos mogollón! 2.3. A sociedade: viva a diversidade! |
Repaso de coñecementos previos sobre o tema | 1 sesión |
| Fase 3. Construíndo unha identidade común | 3.1. Oda á alegría: o mercado na Unión Europea 3.2. Denominación de orixe: o papel de España e Galicia na economía europea 3.3. Facémonos maiores!: os retos demográficos de España e Galicia 3.4. Canta máis variedade, mellor!: cambios sociais e diversidade 3.5. Repaso multinivel. |
Sesións dedicadas á ensinanza e asimilación dos contidos. Búscase que o alumnado participe de xeito activo no proceso de ensino-aprendizaxe e a reflexión consciente, especialmente para relacionar os contidos partindo dunha visión local ata o global. Inclúe actividades interactivas multinivel deseñadas para facilitar a comprensión dos contidos introducidos e preparar o alumnado para a resolución do reto proposto na situación de aprendizaxe. | 10 sesións |
| Fase 4. Todas as persoas suman | Sesións dedicadas á realización do reto final na modalidade que escolla o alumnado. Preténdese que este reto sexa unha expresión de todo o aprendido durante a unidade e que o alumnado sexa capaz de sintetizar de xeito coherente, claro e eficaz os coñecementos adquiridos. | 4 sesións | |
| Fase 5. Construíndo un mundo máis xusto e diverso. | Sesión de reflexión e autoavaliación do proceso de ensino-aprendizaxe. | 1 sesión |