Saltar navegación

2.2. Temporalización

Temporalización do REA

Este recurso está pensado para desenvolverse ao longo de 24 sesións e, segundo a proposta cREAgal para a materia de "Educación Dixital" de 3º de ESO, englóbase entre o segundo e o terceiro trimestre.

A continuación, inclúese unha estimación da temporalización recomendada para cada fase deste recurso:

Fase Seccións Descrición do traballo a desenvolver Temporalización

1. Un salto no tempo.

1.1. A polo reto!

Sesión de motivación e proposta do reto a desenvolver, onde se presentan distintos eidos da vida e a súa evolución nos últimos 50 anos.

1 sesión

2. IMPRESSións recentes.

2.1. Cápsulas do tempo.

2.2. Fragmentos de memoria.

2.3. Rastro do coñecemento.

Sesións de revisión e activación de coñecementos previos en relación coas presentacións. Actívanse os coñecementos existentes sobre formatos de arquivos, con actividades de consolidación nas que se traballa con programas xa vistos, como Writer, Calc ou co manexo de táboas e gráficos. Ademais, nesta fase avánzase na consecución do reto, coa elaboración dunha entrevista, e coa procura de imaxes relacionadas.

3 sesións

3. Novas IMPRESSións.

3.1. Explorando Impress.

3.2. Inserindo recursos.

3.3. Engadindo efectos.

3.4. Compartindo na Rede.

3.5. Consolidando aprendizaxes.

Sesións con actividades individuais de adestramento sobre as diferentes funcionalidades de LibreOffice Impress, desde o manexo básico á inserción de recursos e efectos. Ademais, nesta fase tamén se traballa sobre a publicación de contidos e a interacción na Rede. Os adestramentos compleméntanse con actividades de consolidación individuais e grupais.

 9 sesións

4. A IMPRESSionar!

4.1. IMPRESSionando.

4.2. Publicando e interactuando.

Sesións dirixidas ao desenvolvemento e execución do reto proposto: elaboración e publicación dunha presentación que reflicta como era un eido da sociedade hai 50 anos. Para isto haberá que seguir unha serie de pasos, como elaborar un guión ou repartir axeitadamente o traballo entre os membros do grupo. 

9 sesións

5. IMPRESSións conxuntas.

5. IMPRESSións conxuntas.

Sesións vinculadas á síntese dos contidos traballados ao longo da situación de aprendizaxe; á posta en común dos resultados obtidos tras a consecución do o reto e á reflexión, individual e en grupo, sobre a utilidade das aprendizaxes adquiridas e a súa transferencia á vida real. 

2 sesións

Feito con eXeLearning (Nova xanela)