| Título | Guía didáctica do recurso "A praza das linguas" |
|---|---|
| Descrición |
Esta guía didáctica do REA (Recurso educativo aberto) número 2 -dun total de 6- está elaborada no marco do proxecto cREAgal para a materia de Lingua Galega e Literatura para 2.º de ESO. A situación de aprendizaxe desenvolvida ten como fío condutor unha feira de linguas. O propósito é conseguir participar cun posto para promover distintas linguas da península. O enfoque competencial estará orientado á investigación, coñecemento e aplicación práctica dos saberes da materia, a diversidade lingüística da aula, aproximación á lingua de signos, primeiras nocións de lingua portuguesa, e un achegamento ás linguas éuscara e catalá. No reto proposto o alumnado buscará información, deseñará o proxecto e redactará a presentación para o posto na feira compaxinando o traballo individual e grupal, así como o traballo dixital, oral e no caderno. |
| Persoas elaboradoras |
María do Mar Hermida Pico Laura Iglesias Rodríguez Laura Montes García |
| Organización |
Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa. Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional. Xunta de Galicia. |
| Licenza | Licenza Creative Commons Atribución Non comercial Compartir igual 4.0 |
Este contido foi creado con eXeLearning, o editor libre e de fonte aberta deseñado para crear recursos educativos.
Os elementos multimedia incluídos nesta guía didáctica son de elaboración propia no marco do proxecto cREAgal, indícase no propio recurso a súa licenza específica.
