Saltar navegación

2. Contextualización curricular

Contextualización do REA na programación de materia

Este REA (Recurso Educativo Aberto) forma parte dun conxunto de 6 REAs, unha proposta global para a materia de LGL (Lingua Galega e Literatura) de 2.º de ESO do proxecto cREAgal para conter as 9 UD (Unidades Didácticas) recollidas da programación modelo de PROENS vixente para o curso 2025 – 2026.

A distribución do conxunto de REA da materia de LGL de 2.º ESO respecta a temporización por trimestre e a secuencia de UD da programación modelo Proens. Ademais, a proposta de emparellar dúas UD nalgún REA de cada trimestre respecta os elementos curriculares da programación modelo vixente.

Programación modelo de Proens curso 2025-2026

Relación dos REA coa programación modelo de Proens

Número de REA e título Unidade/s didáctica/s (Proens) Criterios de avaliación traballados % (Orientación de Proens) Temporalización
REA 1: “Lecturas compartidas” UD 1 “O longueirón” + UD 2 “O lucecú” CA1.1 — CA2.1 — CA3.2 — CA3.7 — CA4.1 — CA2.3 — CA3.1
CA1.1 — CA2.1 — CA2.6 — CA3.1 — CA3.2 — CA4.1 — CA2.3 
10 + 10 1.º Trimestre
REA 2: “A praza das linguas“ UD 3 “O papagaio” CA1.1 — CA1.2 — CA2.3 — CA3.2 — CA3.4 — CA4.1 15 1.º Trimestre
REA 3: “Quen ten boca, ten un pódcast!” UD 4 “O lagostino” + UD 5 “A toupa” CA2.1 — CA2.2 — CA3.7 — CA4.1 — CA4.5 — CA2.4 — CA2.5 
CA2.1 — CA4.1 — CA4.4 — CA2.2 — CA2.8 — CA2.10 — CA3.6 
10 + 10 2.º Trimestre
REA 4: "Operación viñeta!" UD 6 “A cegoña” CA2.1 — CA3.1 — CA3.3 — CA3.5 — CA3.9 — CA4.2 — CA4.3 15 2.º Trimestre
REA 5: “Ícaras: voar sen medo a caer!" UD 7 “A andoriña” CA2.1 — CA3.1 — CA3.2 — CA3.7 — CA3.8 — CA4.1 — CA1.2 15 3.º Trimestre
REA 6: "Onde hai noticia?" UD 8 “A vacaloura” CA2.1 — CA2.2 — CA2.3 — CA2.4 — CA2.7 — CA2.9 — CA4.1 15 3.º Trimestre

Eixes da proposta didáctica

Esta proposta está baseada nos eixes da materia de "Lingua Galega e Literatura" de 2.º de ESO:

  • A comprensión lectora.
  • A expresión oral e escrita.
  • A comunicación audiovisual.
  • A competencia dixital.
  • Fomento da creatividade, do espírito científico e do emprendemento.

Contribúe a desenvolver os seguintes ODS:

  • ODS 3. Saúde e benestar
  • ODS 4. Educación de calidade
  • ODS 10. Redución das desigualdades

Contidos, obxectivos específicos e competencias clave

Na programación didáctica de referencia publicada en Proens para a materia de Lingua Galega e Literatura de 2.º ESO, este REA contextualízase na 3.ª unidade didáctica, "O papagaio", impartida na primeira avaliación.

  • Observación e valoración da diversidade lingüística da aula.
  • Aproximación ás linguas de signos, con especial atención á variante galega.
  • Primeiras nocións de lingua portuguesa. A ortografía. Semellanzas e diferenzas existentes cos sistemas ortográficos galegos. Coñecemento do seu léxico máis habitual. Aspectos socioculturais dos países lusófonos.
  • Aproximación ao coñecemento das características máis básicas das linguas éuscara e catalá.
Bloque I. As linguas e os seus falantes
  • Lectura expresiva, dramatización e recitación dos textos atendendo aos procesos de comprensión, apropiación e oralidade implicados.
Bloque II. Educación literaria
  • Elaboración de conclusións propias sobre o funcionamento do sistema lingüístico cunha linguaxe específica a partir da observación, comparación e clasificación de unidades comunicativas e do contraste entre linguas.
  • Corrección lingüística e revisión ortográfica e gramatical dos textos. Uso de dicionarios, de manuais de consulta e de correctores ortográficos en soporte analóxico ou dixital.
  • Recoñecemento e uso discursivo dos elementos lingüísticos en textos orais, escritos e multimodais.
Bloque III. Reflexión sobre a lingua
  • Lectura con perspectiva ambiental e ecolóxica, con especial incidencia na mudanza climática e na protección e benestar dos animais.
  • Lectura expresiva, dramatización e recitación dos textos atendendo aos procesos de comprensión, apropiación e oralidade implicados.
Bloque IV. Comunicación
Obxectivos Descrición
OBX 1 Describir e apreciar a diversidade lingüística da Península Ibérica e do mundo, analizar a orixe e o desenvolvemento sociohistórico das súas linguas (e, máis concretamente, do portugués, catalán e éuscaro) e as características dialectais do galego para favorecer a reflexión interlingüística, combater os estereotipos e prexuízos, valorar a diversidade e crear vínculos socioafectivos coa lingua galega.
OBX 2 Comprender e interpretar textos orais e multimodais recollendo o sentido xeral e a información máis relevante, identificando o punto de vista e a intención do emisor e valorando a súa fiabilidade, a súa forma e o seu contido, para construír coñecemento, formar opinión e ampliar as posibilidades de gozo e de lecer.
OBX 3 Producir textos orais e multimodais con coherencia e fluidez e co rexistro adecuado, atendendo as convencións propias dos diferentes xéneros discursivos, e participar en interaccións orais con actitude cooperativa e respectuosa, tanto para construír coñecemento e establecer vínculos persoais como para intervir de maneira activa e informada en diferentes contextos sociais.
OBX 4 Comprender, interpretar e valorar textos escritos, con sentido crítico e diferentes propósitos de lectura, recoñecendo o sentido global e as ideas principais e secundarias identificando a intención do emisor, reflexionando sobre o contido e a forma, avaliando a súa calidade e fiabilidade para dar resposta ás necesidades e aos intereses comunicativos diversos e para construír coñecemento.
OBX 5 Producir textos escritos e multimodais coherentes, cohesionados, adecuados e correctos atendendo ás convencións propias do xénero discursivo elixido, para construír coñecemento e para dar resposta de maneira informada, eficaz e creativa a demandas comunicativas concretas.
OBX 6 Seleccionar e contrastar información procedente de diferentes fontes de maneira progresivamente autónoma, avaliando a súa fiabilidade e pertinencia en función dos obxectivos de lectura e evitando os riscos de manipulación e desinformación, e integrala e transformala en coñecemento para comunicala desde un punto de vista crítico e persoal e, ao mesmo tempo, respectuoso coa propiedade intelectual.
OBX 7 Seleccionar e ler de maneira autónoma obras diversas como fonte de pracer e coñecemento, configurando un itinerario lector que evolucione en canto á diversidade, complexidade e calidade das obras, e compartir experiencias de lectura para construír a propia identidade lectora e para gozar da dimensión social e cultural da lectura.
OBX 8 Ler, interpretar e valorar obras ou fragmentos literarios do patrimonio galego, portugués e universal, utilizando unha metalinguaxe específica e mobilizando a experiencia biográfica e os coñecementos literarios e culturais que permitan establecer vínculos entre textos diversos e con outras manifestacións artísticas, para conformar un mapa cultural, ampliar as posibilidades de gozo da literatura e crear textos de intención literaria.
OBX 10 Pór as propias prácticas comunicativas ao servizo da convivencia democrática, da resolución dialogada dos conflitos e da igualdade de dereitos de todas as persoas, utilizando unha linguaxe non discriminatoria e desterrando os abusos a través da palabra para favorecer un uso non só eficaz, senón tamén ético e democrático, da linguaxe.
Competencias clave Clave dos descritores operativos
Competencia en comunicación lingüística (CCL) CCL3, CCL4, CCL5, CCL 6
Competencia dixital (CD) CD2, CD3, CD5, CD6, CD7, CD10
Competencia emprendedora (CE) CE6
Competencia persoal, social e de aprender a aprender (CPSAA) CPSAA10
Competencia cidadá (CC) CC2, CC4, CC10
Competencia en conciencia e expresións culturais (CCEC) CCEC1,CCEC7, CCEC8
Competencia plurilingüe (CP) CP1, CP 10

Feito con eXeLearning (Nova xanela)