Estrutura do REA
O REA segue unha estrutura definida que é importante ter en conta:
- Fase 1: Descrición do reto. Este será o momento de organizar o alumnado en grupos de traballo e de coñecer o reto.
- Fase 2: Exploración. Traballo cos coñecementos previos.
- Fase 3: Conexión dos coñecementos previos e adquisición de novos coñecementos.
- Fase 4: Reto final. Realización do proxecto de linguas.
- Fase 5: Conclusión e avaliación do resultado final.
Este REA pode relacionarse con varias datas conmemorativas. Recoméndase relacionar as diferentes actividades con estas datas:
- 23 de novembro Día da Palabra
- 25 de novembro Día Internacional contra a Violencia de Xénero
Ambas as datas podemos traballalas durante todo REA facendo fincapé no uso dunha linguaxe inclusiva, o respecto pola diversidade lingüística...