Saltar navegación

2. Contextualización curricular

Contextualización do REA na programación de materia

Este REA (Recurso Educativo Aberto) forma parte dun conxunto de 6 REA, unha proposta global para a materia de LGL (Lingua Galega e Literatura) de 2.º de ESO do proxecto cREAgal para conter as 9 UD (Unidades Didácticas) recollidas na programación modelo de Proens vixente no curso 2025–2026.

A distribución do conxunto de REA da materia de LGL de 2.º ESO respecta a temporalización por trimestre e a secuencia de UD da programación modelo Proens. Ademais, a proposta de emparellar dúas UD nalgún REA de cada trimestre respecta os elementos curriculares da programación modelo Proens vixente.

Programación modelo de Proens curso 2025-2026

Relación dos REA coa programación modelo de Proens

Número de REA e título Unidade/s didáctica/s (Proens) Criterios de avaliación traballados % (Orientación de Proens) Temporalización
REA 1: “Lecturas compartidas” UD 1 “O longueirón” + UD 2 “O lucecú” CA1.1 — CA2.1 — CA3.2 — CA3.7 — CA4.1 — CA2.3 — CA3.1
CA1.1 — CA2.1 — CA2.6 — CA3.1 — CA3.2 — CA4.1 — CA2.3 
10 + 10 1.º Trimestre
REA 2: ''A praza das linguas'' UD 3 “O papagaio” CA1.1 — CA1.2 — CA2.3 — CA3.2 — CA3.4 — CA4.1 15 1.º Trimestre
REA 3: “Quen ten boca, ten pódcast!” UD 4 “O lagostino” + UD 5 “A toupa” CA2.1 — CA2.2 — CA3.7 — CA4.1 — CA4.5 — CA2.4 — CA2.5 
CA2.1 — CA4.1 — CA4.4 — CA2.2 — CA2.8 — CA2.10 — CA3.6 
12 + 12 2.º Trimestre
REA 4: ''Operación viñeta!'' UD 6 “A cegoña” CA2.1 — CA3.1 — CA3.3 — CA3.5 — CA3.9 — CA4.2 — CA4.3 13 2.º Trimestre
REA 5: “Ícaras: voa sen medo a caer!” UD 7 “A andoriña” CA2.1 — CA3.1 — CA3.2 — CA3.7 — CA3.8 — CA4.1 — CA1.2 15 3.º Trimestre
REA 6: ''Onde hai noticia?'' UD 8 “A vacaloura” CA2.1 — CA2.2 — CA2.3 — CA2.4 — CA2.7 — CA2.9 — CA4.1 15 3.º Trimestre

Eixes da proposta didáctica

Esta proposta didáctica baséase nos eixes da materia de Lingua Galega e Literatura de 2.º de ESO e fai fincapé nos seguintes aspectos para a adquisición de competencias, contidos e destrezas:

A través do reto da creación do pódcast preténdese que o alumnado adquira os coñecementos e competencias lingüísticas e comunicativas específicas e as metas de aprendizaxe indicadas. Polo tanto, é unha formación práctica. Combínase o traballo cooperativo e grupal co individual, as actividades multinivel e as tarefas interactivas a través do computador coas non interactivas no caderno. Asemade, trabállase a comunicación oral e escrita, e foméntase a creatividade a través da produción de contidos propios.

Alén disto, nesta proposta didáctica trabállanse algúns aspectos de cara a avanzar en obxectivos de desenvolvemento sostible (ODS), como poden ser:

  • ODS 4: Garantir unha educación inclusiva, equitativa e de calidade e promover oportunidades de aprendizaxe durante toda a vida para todos e para todas.
  • ODS 5: Lograr a igualdade entre os xéneros e empoderar a todas as mulleres e nenas.
  • ODS 16: Promover sociedades xustas, pacíficas e inclusivas.

Contidos, obxectivos específicos e competencias clave

Este REA, en relación coa programación didáctica de referencia publicada no Proens para a materia de Lingua Galega e Literatura de 2.º da ESO, contextualízase na unidade didáctica 4 (O lagostino) e na unidade didáctica 5 (A toupa).

No recurso trabállanse contidos dos bloques de contidos da programación 2, 3 e 4 correspondentes a: "Comunicación", "Reflexión sobre a lingua" e "Educación literaria" (non se traballan, polo tanto, contidos correspondentes ao bloque 1 "A lingua e os seus falantes").

Contidos Bloque da materia
  • Xéneros discursivos vinculado ás estratexias de produción, comprensión e análise crítica de textos orais, escritos e multimodais de diferentes ámbitos.
  • Procesos desde o punto de vista da produción, comprensión e análise crítica de textos orais, escritos e multimodais.
  • Recoñecemento e uso discursivo dos elementos lingüísticos en textos orais, escritos e multimodais.
Bloque 2
  • Lectura autónoma. Implicación na lectura de obras de maneira progresivamente autónoma a partir dunha preselección de textos variados e reflexión sobre os textos e sobre a propia práctica da lectura.
  • Lectura guiada. Lectura de obras relevantes da literatura xuvenil contemporánea galega e do patrimonio literario lusófono, inscritas en itinerarios temáticos ou de xénero, que atravesan épocas, contextos culturais e movementos artísticos.
Bloque 3
  • Elaboración de conclusións propias sobre o funcionamento do sistema lingüístico cunha linguaxe específica a partir da observación, comparación e clasificación de unidades comunicativas e do contraste entre linguas.
Bloque 4

Tendo en conta o anterior, este recurso céntrase principalmente nos seguintes obxectivos da materia:

Obxectivos Descrición
OBX2
Comprender e interpretar textos orais e multimodais recollendo o sentido xeral e a información máis relevante, identificando o punto de vista e a intención do emisor e valorando a súa fiabilidade, a súa forma e o seu contido, para construír coñecemento, formar opinión e ampliar as posibilidades de gozo e de lecer.
OBX3 Producir textos orais e multimodais con coherencia e fluidez e co rexistro adecuado, atendendo ás convencións propias dos diferentes xéneros discursivos, e participar en interaccións orais con actitude cooperativa e respectuosa, tanto para construír coñecemento e establecer vínculos persoais como para intervir de maneira activa e informada en diferentes contextos sociais.
OBX4
Comprender, interpretar e valorar textos escritos, con sentido crítico e diferentes propósitos de lectura, recoñecendo o sentido global e as ideas principais e secundarias, identificando a intención do emisor, reflexionando sobre o contido e a forma, avaliando a súa calidade e fiabilidade para dar resposta ás necesidades e aos intereses comunicativos diversos e para construír coñecemento.
OBX5 Producir textos escritos e multimodais coherentes, cohesionados, adecuados e correctos atendendo ás convencións propias do xénero discursivo elixido, para construír coñecemento e para dar resposta de maneira informada, eficaz e creativa a demandas comunicativas concretas.

As competencias clave e os descritores operativos traballados son:

Competencias clave Clave dos descritores operativos
Competencia en comunicación lingüística (CCL) CCL1, CCL2, CCL3, CCL4, CCL5
Competencia matemática e competencia en ciencia, tecnoloxía e enxeñaría (STEM) STEM1, STEM4
Competencia persoal, social e de aprender a aprender (CPSAA) CPSAA4

Feito con eXeLearning (Nova xanela)